Día das persoas con diversidade funcional: 3 DECEMBRO

 

 O CEE INFANTA ELENA e o CEIP PLURILINGÜE A GÁNDARA colaboran para poñer en valor a diversidade: "AS PEZAS DIFERENTES TAMÉN ENCAIXAN".

O 3 de decembro, día das persoas con diversidade funcional, convidamos ao noso centro escolar ao alumnado e o persoal do Centro de Educación Especial para montar un gran quebracabezas.

Previamente, no mes de novembro, o alumnado de 6º de primaria asistira ao seu colexio a un concerto en vivo do grupo de música tradicional galega  DE TAPAS formado por persoas da FUNDACIÓN IGUALARTE. (Picade nas palabras marcadas doutra cor e teredes máis información). Contan que a experiencia foi inolvidable polo ben que o pasaron.