Blogues

Día do Deporte en Ribasaltas.

Co gallo da celebración do Día do Deporte  Fina,  a nosa mestra de E.Física , organizou unha sesión de xogos para todo o alumnado do centro na Área recreativa de Ribasaltas.

Ao alumnado de E.Primaria tocoulle o venres 31. Ademais, 3º,4º,5º e 6º participaron tamén nunha andaina dende o colexio.

Para ver o vídeo resumo desta actividade, picade na seguinte ligazón : 

Excursión de 5º de E.Primaria a Santiago de Compostela.

O 29 de maio todo o alumnado de 5º de E.Primaria acompañado dos profes Nelson, Iria, Sara e Ángeles fixemos unha excursión a Santiago de Compostela para visitar o Parlamento de Galicia e o Museo de Historia Natural.

No Parlamento asistimos tamén durante 15 minutos a unha sesión plenaria in situ. Coñecemos persoalmente ao Conselleiro de Cultura,Lingua e Xuventude : D.José López Campos e a varios deputados/as.

Camiñamos polo casco vello, visitamos a Praza do Obradoiro, tamén a  Alameda e rematamos a nosa visita no Museo de Historia Natural.

Foi un día moi interesante e divertido. Pasámolo xenial !

Para ver o vídeo resumo desta excursión, picade na seguinte ligazón : 

Correlingua!

O pasado venres 24 de maio, o alumnado do cole camiñamos, como celebración do Correlingua, ata o Parque dos Condes onde o grupo Mekánika Rolling Band foi o encargado de recibirnos e facernos bailar. Despois, fixemos pícnic ata que foi a hora de marchar.

Centro de ocio: ACOUGO

O pasado venres, 24 de maio de 2024, o alumnado de Educación Infantil acompañado do seus docentes e unha coidadora realizou unha saída escolar ao centro de ocio ACOUGO, situado en Vilamarín, na provincia de Ourense. E, para rematar, pararon a merendar no parque infantil de Ferreira de Pantón.

Queredes ver que fixeron e como o pasaron? Mirade este video e sairedes de dúbidas.

EDUCACIÓN VIAL para E.Infantil e E.Primaria.

Ao longo do mércores e o xoves ( 22 e 23 de maio respectivamente ) todo o alumnado do cole  participou nunha interesante e divertida actividade sobre Educación Vial impartida por  Dª.Laura García Crespo e D.José Ramón López Iglesias, pertencentes á Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Lugo.

Poderedes ver o resumo desta actividade  picando nas seguintes ligazóns : 

https://www.youtube.com/watch?v=PEh0phdFNBk  ( E.Infantil )