Mercándara

DE COMPRAS POR MONFORTE infantil

O 15 de marzo foi o DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DOS CONSUMIDORES E CONSUMIDORAS. E que mellor cousa que vivilo e realizar un consumo responsable. 

O alumnado de infantil saímos ás rúas a comprar pero, previamente, as familias tiveron que anotar en que tenda e que produto querían que mercásemos co presuposto máximo de dous euros. Así foi que fomos de tendas: librería, pastelería, mercerías, tendas de lambonadas, xogueterías e, no mercado de abastos, ademais de mirar na peixería, queixería, polería e carnicería, mercamos na panadería e na froitería. 

A todo isto hai que sumarlle que nos invitaron a degustar diferentes produtos e a observar distintos alimentos. Unha vez máis, resultou un experiencia para repetir. Graciñas a todas e todos!!!

Os monstros das galletas da Gándara!

Ao longo do mes de febreiro, o alumnado de terceiro e cuarto de Primaria estiveron a facer unhas galletas ben ricas coa axuda dos profes e, por suposto, de Berta!

Velaí vai unha mostra do ben co pasaron!

(clicade no documento adxunto)

VISITA A MERCADONA

Os alumnos e alumnas da Gándara téñeno claro! Grazas as explicacións e mostra das instalacións, por parte de Mariña, saben ben a orixe dos produtos, do seu procedemento ata chegar as nosas mans e, sobre todo, da importancia da reciclaxe.

Aqui, no vídeo, tedes unha mostra!

 

GRILANDAS E BELÉN 100% ECOLÓXICOS

Neste Nadal, o alumnado do CEIP A Gándara decorou o colexio dunha maneira moi ecolóxica. Xa que empregou material reciclado, puidendo dar unha segunda vida a estes. E vaia se quedaron bonitas as grilandas feitas por cada clase e o Belén coa base de chapas! Mirade!

INFONADAL CONSUMO

O venres, 2 de decembro, o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto estivo moi atento a toda a información recibida, para que neste Nadal saiban ben que xogos e xoguetes pedir. Ademais de divertidos, que sexan seguros!

A continuación fixeron unha manualidade, tendo en conta todo o aprendido!

Imos ver como traballaron: