EACE

EACE

Concurso de Tarxetas de Nadal La Voz de la Verdad

Felicitamos á nosa alumna Anabella, de 5º de E.Primaria polo seu DIPLOMA na XIII edición do Concurso de Tarxetas de Nadal de La Voz de la Verdad.

Moitos parabéns !                 

DEFICIENCIAS VISUAIS.

Actividade para o alumnado de 6º de E.Primaria sobre os problemas da visión , a cegueira  e as dificultades coas que se atopan a diario as persoas que as padecen .

Interesante sesión con Marta na que os rapaces e rapazas aprenderon a escribir os seus nomes co alfabeto BRAILLE e tamén experimentaron como ven as persoas con dificultades visuais grazas a unhas lentes especiais. 

CHARLA SOBRE OS PERIGOS DA INTERNET

O pasado luns un axente da Policía Nacional de Monforte visitou aos alumnos de 6º de E.Primaria e grazas ás súas explicacións decatámonos de moitos dos perigos aos que estamos expostos se facemos un uso indebido das redes sociais e que non coñeciamos. Seguro que despois desta información faremos un uso máis responsable delas.

A PRIMAVERA

 

Así de bonito está o noso mural da Primavera. 

DE COMPRAS POR MONFORTE

O 15 de marzo celébrase o Día Mundial dos Consumidores e das Consumidoras. E como se aprende a consumir responsablemente? Facéndoo!!! Así que o alumnado de educación infantil botouse á rúa e practicou a mercar levando como presuposto un euro.  Grazas á colaboración do Centro Comercial Urbano e, en especial, dos comercios da Praza de Abastos a experiencia foi máis enriquecedora.