EACE

EACE

Excursión a S.Clodio ( Outeiro de Rei ) Alumnado de 1º e 2º de E.Primaria

O pasado 26 de maio, o alumnado de 1º e 2º de E.Primaria viaxou ata S.Clodio, no concello de Outeiro de Rei, para visitar " Unha aldea de conto ". Viñeron moi contentos/as porque o pasaron xenial !

Podedes ver o vídeo da excursión picando na seguinte ligazón : 

 https://youtu.be/ATgtVpSn7GY

Saída escolar a MARCELLE-NATUREZA

O 16 de maio de 2022, o alumnado de 6º de Educación Infantil (5 anos) saiu de excursión a MARCELLE-NATUREZA. Foi a súa primeira saída escolar pasando todo o día fóra do centro escolar, xa se sinten maiores, en breve, comezarán a etapa de primaria e superaron a proba con creces!!!! Son un equipazo!!!!

 

Excursión a Sober de 4º de E.Primaria.

O venres día 06 os nenos e nenas de 4º de E.Primaria sairon de excursión ao veciño  Concello de Sober. Alí visitaron a Oleiría de Gundivós, o Horreum de Proendos e tamén a área recreativa de Cadeiras e o seu miradoiro.

O tempo acompañou, aprenderon moitas cousas sobre os nosos antergos e pasárono estupendamente. Podedes ver o vídeo resumo picando na seguinte ligazón : 

https://youtu.be/LTvLBOv6aHo

Maios 2022

Así de bonito quedou o Maio do cole  que leva por título :

                                    " REGANDO O NOSO HORTO ".

Tamén poderedes escoitar un trociño das coplas que compuxo o profe Nelson para tal evento picando na seguinte ligazón :https://youtu.be/QELy-l0As8M

Bailando no recreo.

Que ben o pasan os nosos nenos e nenas movendo o esqueleto nos recreos co profe Carlos.

Poderedes ver ao alumnado de 1º de E.Primaria bailando a coreografía do " Baile do corpo " de Coreokids picando na seguinte ligazón :

https://youtu.be/-8apth_BgHY

O alumnado de 2º de E.Primaria tamén o fai estupendamente bailando a coreografía do " Baile do corpo "de Coreokids. Picade na seguinte ligazón :