EACE

EACE

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

                         O pasado día 03 de decembro conmemoramos o: 

               DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE. 

                    Os nenos e nenas do cole fixeron este mural tan bonito .

 

Visita ao IES A Pinguela. 1º ciclo de E.Primaria

O pasado venres día 02 os nenos e nenas de 1º e 2º de E.Primaria visitaron o IES A Pinguela.

Os dous cursos desfrutaron do Planetario e os de 2º ademais estiveron na Estación Meteorolóxica. 

O noso cole en contra da VIOLENCIA DE XÉNERO.

No noso cole sempre loitamos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO.

Queredes ver como escoitamos hoxe  a lectura da Proclama e respectamos o Minuto de silencio ?

Picade na seguinte ligazón : https://youtu.be/aQditufzQ1U

25 de Novembro. 3º Ciclo de E.Primaria.

O  alumnado de 6º de E.Primaria foi o encargado de representar ao noso centro  durante a lectura do Manifesto en contra da Violencia de Xénero que se fixo na Praza do Concello. Despois, alumnos/as de todos os centros educativos leron e depositaron mensaxes de repulsa nunha urna colocada á entrada da Casa Consistorial.

Actividades de 5º e 6º de E.Primaria

O pasado xoves día 10 todo o alumnado de 3º ciclo participou na Andaina Escolar dende Reigada a Monforte de Lemos organizada pola ASOCIACIÓN CAMIÑOS A SANTIAGO POLA RIBEIRA SACRA. 

Podedes ver un vídeo resumo picando na seguinte ligazón : 

              https://youtu.be/ZovLVH4MD1k