25 de Novembro. 3º Ciclo de E.Primaria.

O  alumnado de 6º de E.Primaria foi o encargado de representar ao noso centro  durante a lectura do Manifesto en contra da Violencia de Xénero que se fixo na Praza do Concello. Despois, alumnos/as de todos os centros educativos leron e depositaron mensaxes de repulsa nunha urna colocada á entrada da Casa Consistorial.

Ao mesmo tempo no colexio  Amaya, Arianna e Xián ( de 5º de E.Primaria ) foron os encargados de ler e soster esa  mesma proclama elaborada polos nenos e nenas de 6º  para o resto do centro. Posteriormente gardamos un minuto de silencio.

Para ver o vídeo desta lectura podedes picar na seguinte ligazón : 

https://youtu.be/E2NFtu9u-IA