Curso 2021 - 2022

PROMOCIÓN INFANTIL 2019-2022

O grupo de 6º de infantil (5-6 anos) remata a etapa e pronto pasará a PRIMARIA.

Aquí tedes un vídeo para o recordo. Premede no enlace para poder velo

https://youtu.be/vGnnm5Q8-2k 

 

ASALTO AO CASTELO

O mércores, 15 de xuño de 2022, o alumnado de 6º de infantil (5 anos) subimos á Torre da Homenaxe ataviados con roupas de cabaleiros montando nos nosos cabalos de pau e logramos o noso obxectivo:

ASALTAMOS O CASTELO!!!!

EDUCACIÓN VIAL 2022

O alumnado de Educación Infantil estudamos moito para sacar o CARNÉ DE CONDUCIR e así saber transitar en bicicleta, monopatín... Fixemos un EXAME TEÓRICO e outro, PRÁCTICO. 

Mirade, mirade...

Un paseo por Monforte.

O alumnado de 4º de E.Primaria saiu o pasado martes 14 de xuño a dar un " Paseo por Monforte" . O itinerario foi o seguinte :  Campo de S.Antonio, Ponte Vella, Paseo do río, Pasarela sobre o Cabe, Casa máis estreita de Galicia, Patio do Museo do Viño, Praza de España, Parque dos Condes e Xardín da Compañía. Unha divertida mañá de confraternización fóra das portas do colexio.

Podedes ver o vídeo resumo desta saída picando na seguinte ligazón : 

https://youtu.be/5kiFxD__WFI

 

Excursión á Coruña do alumnado de 3ºA e 3º B de E.Primaria.

O venres 27 de maio, os nenos e nenas de 3ºA e 3º B foron de excursión á Coruña para visitar a Torre de Hércules, a Casa das Ciencias e o Aquarium Finisterrae.

Foi un día completo no que se divertiron moito e aprenderon unha chea de cousas ! 

Para ver o vídeo desta saída, picade na seguinte ligazón : 

https://youtu.be/vkGRT3LNdfE