Skip to Content

Últimas Novas

PRAZOS GRATUIDADE SOLIDARIA LIBROS DE TEXTO 4º e 6º EP

PRAZOS GRATUIDADE SOLIDARIA LIBROS DE TEXTO 3º a 6º EP

 

- Presentación de solicitudes: 22 de xuño (último día).

- Publicación de listaxes provisionais de adxudicación de libros: martes 3 de xullo.

- Reclamacións sobre as listaxes provisionais:  mércores 4 e xoves 5 de xullo.

- Publicación das listaxes definitivas: Venres 6 de xullo.

- Entrega de libros: primeira semana lectiva de setembro.

 

 

PRAZO ENTREGA DE VALES 1º e 2º EP e MATERIAL ESCOLAR 

 

- 4,  5 e 6 de xullo de 2018.

Axudas para libros de texto e material escolar.

        Ata o día 22 de xuño (incluído) está aberto o prazo de solicitude das axudas de libros de texto e de material escolar para o curso escolar 2018-2019, segundo se recolle na Orde do 9 de maio de 2018 (DOG do 21 de maio) que regula as distintas modalidades de gratuidade solidaria de libros de texto para o vindeiro curso 2018-2019: a participación no fondo solidario, as axudas para adquirir libros de texto e as axudas para adquirir material escolar.

 Todas as familias de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. poderán solicitar acollerse ao fondo solidario de libros de texto (banco de libros).  As familias de 1º e 2º de E.P., que non superen os 9000€ de renda per cápita no ano 2016, poderán solicitar as axudas para a adquisión de libros de texto (vale).

Todas as familias do alumnado de Primaria que non superen os 5400€ de renda per cápita no ano 2016 poderán solicitar as axudas para a adquisición de material escolar (vale).

        As solicitudes poderán presentarse vía electrónica a través da aplicación Fondolibros . Presentarase unha única solicitude para todos os irmáns matriculados no mesmo centro.

 

 

Nota: Para poder acollerse ás axudas será necesario ter devoltos ao centro os libros prestados no curso 2017-2018. (Agás 1º e 2º).

 

Ed. Infantil no Progreso de Lugo

Iste mércores, 8 de novembro, El Progreso de Lugo publicou unha foto dos nenos de Educación Infantil no suplemento Pícaros, adicado ao mundo da Educación.

 

Se queredes botarlle unha ollada á fotografía, colgámola á continuación:

 

 

 

 

Noraboa nenos e nenas!!!

 

 

 

COMEZA O CURSO!!

O vindeiro luns comeza o curso 2017-18!!

Lembrarvos que o horario deste primeiro día será de 11,00 a 12,30 h.

Aproveitaremos, ademais de presentarnos de novo, profesorado, alumnado e familias, para actualizar datos como cambios de teléfonos, direccións, situacións de interese, entregar a guía de inicio de curso, solicitudes de saídas, normas, etc...

Saúdos de todo o claustro!!

Listado de libros e materiais curso 2017-2018

 

Listado de libros e materiais curso 2017-2018

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS FONDOLIBROS

Listaxes definitivas de amitidos e excluidos de FondoLibros de 3º a 6º EP.

Os libros serán entregados directamente aos nenos o primeiro día de clase.
 

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS FONDOLIBROS

Listaxes provisionais de amitidos e excluidos de FondoLibros de 3º a 6º EP.

Ábrese un prazo de 2 días para reclamar ou corrixir deficiencias.

 

(O xoves 13 publicaranse as listaxes definitivas)

Admisión de alumnado curso 2017-18

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión en Educación Infantil e Educación Primaria para o curso 2017-18 será do 1 ao 20 de marzo de 2017. Nos enlaces que veñen a continuación podedes atopar a información relativa ao proceso, así como os impresos de solicitude. (Na secretaría do centro tamén se vos facilitarán os impresos e se vos dará a infomación que requirades)

 

Documentos interesantes:

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión.

Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

Impresos de solicitude de admisión e formalización de matrícula.

Lista provisional de admitidos para o curso 2017-2018.

Folla de instrucións do procedemento de admisión e matrícula.

Intrucións Dirección Xeral de Centros e Recursos humanos.

Instrucións da Xefatura Territorial.

 

Calendario escolar curso 2017-18

A orde do 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2017/18 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. A modo de resume destacamos os seguintes artigos:

  • Artigo 5. Actividades lectivas: establécese que no 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 11 de setembro de 2017 ao 21 de xuño de 2018, ambos inclusive.
  • Artigo 6. Períodos de vacacións: establecénse como períodos vacacionais os seguintes:
    1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2017 ata o día 7 de xaneiro de 2018, ambos inclusive.
    2. Entroido: días 12, 13 e 14 de febreiro de 2018.
    3. Semana Santa: desde o día 24 de marzo ata o 2 de abril de 2018, ambos inclusive.
  • Artigo 7: establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2017/18 se celebrará o 7 de decembro de 2017.

 

A orde pódese descargar no arquivo CALENDARIO ESCOLAR DOG.

 

URXENTE: ALGUNHAS REFLEXIÓNS DO PROFESORADO SOBRE A INTEGRACIÓN DO MONTE CAXADO

 

Achegamos estas reflexións, despois dunha reunión dos profesores/as dos Centros de As Pontes e á vista das instrucións que se están a dar pola Inspección para o traslado de profesorado e alumnado entre os centros CPI Monte Caxado, CEIP A Magdalena e IES Moncho Valcarce.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut