Skip to Content

blogue deMaria

Fondo solidario de libros e axuda para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2023-2024

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso  2023- 2024 ao abeiro da ORDE do 10 de maio  de 2023.

 Fondo solidario de libros de texto:

-    Destinatarios: alumnado de 3º e 4º de primaria (excluído alumnado de 5º e 6º por pertencer a E-DIXGAL). 

 Axuda para adquirir libros de texto:

-    Destinatarios: alumnado de 1º e 2º de primaria.

Axudas para adquirir material escolar:

-    Todo o alumnado de Educación Primaria (tamén os de 5º e 6º).

Terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2021, agás cando unha sentencia de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e no caso de violencia de xénero que se aplicará o disposto na súa lexislación específica.

 Formas de presentación:

 -    Telemática: os cidadáns poderán realizar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B, que enlazará coa aplicación Fondolibros.

-   Presencial no centro: a familia entregará a solicitude anexo I (ver documento adxunto) e presentará dito documento no centro debidamente cuberto e asinado, xunto coa documentación. Se algunha persoa precisa que se lle imprima o anexo pode solicitalo a través das titorías.

Prazos de interese:

-    Presentación de solicitudes no centro escolar ou mediante sede electrónica: dende o 20 de maio ata o 21.06.2022

-     Uso dos vales nas librarías e demais establecementos: ata o 10.04.2024

 

Documentación:

Anexo I e Anexo II.

Complementaria    (PREME SOBRE O TEXTO  PARA PODER VER A DOCUMENTACIÓN)

 

 

 Acceso a toda a información sobre este procedemento: https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/39925

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

PLAN DIXITAL

 

Podedes consultar o PLAN DIXITAL premeno na imaxe ou consultando o arquivo adxunto.

INFORMACIÓN NOVO CURSO E-Dixgal

Aquí podedes acceder ao folleto informativo de E-Dixgal para o curso 2022-2023 . Para entrar, premede na seguinte imaxe:

 

                             

 

Para ver outra información premede aquí.

 

 

HORARIOS ENTRADAS E SAÍDAS

XA ESTAMOS DE VOLTA! 

O VINDEIRO DÍA 8 DE SETEMBRO XA ESTAREMOS TODO O
ALUMNADO, FAMILIAS E PROFESORADO XUNTOS. COMO
CAMBIAMOS OS HORARIOS DE ENTRADA E SAÍDAS,
COMPARTIMOS COMO QUEDAN:

As entradas serán do seguinte xeito:

 
 
 
 

ENTRADA PRINCIPAL (Educación Infantil e  Educación Primaria) 

 
 
 
 

Alumnado de Infantil entran pola entrada principal ás 9:00 pola porta da esquerda 

Alumnado de 1º, 2º e 3º de EP entran pola entrada principal ás 9:00 pola porta do medio 

Alumnado de 4º,5º e 6º de EP entra pola porta da entrada principal ás 9:00 pola porta da dereita 

 

 
 
 
 

 As saídas serán da seguinte maneira: 

 
 
 
 

PORTA PRINCIPAL (Educación Infantil e  Educación Primaria) 

 
 
 
 

O alumnado de EI sairá ás 13:50 da seguinte maneira:  

  • Porta da esquerda: 3 anos 

  • Porta do medio: 4 anos 

  • Porta da dereita: 5 anos 

  •  

 
 

O alumnado de EP sairá ás 14:00 da seguinte maneira: 

  • Porta da esquerda: 1º e 2º  

  • Porta do medio: 3º e 4º 

  • Porta da dereita: 5º e 6º 

LISTADO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-23

Podedes consular no seguinte documento adxunto o listado de libros e materiais para o vindeiro curso escolar.

 

 

Directrices sobre o uso das máscaras

 

PINCHA NO DOCUMENTO ADXUNTO OU NA IMAXE  PARA VER TODO O CONTIDO.

RECOMENDACIÓN DO USO DE MÁSCARAS NOS PATIOS

FORMACIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut