Skip to Content

TODO VAI SAÍR BEN!!!

As persoas que traballamos no Centro de Educación Infantil e Primaria Plurilingüe A Fraga quermos adicarvos a todo o alumnado e familias un vídeo que elaboramos con todo o noso agarimo.

ACCESO AO VÍDEO PINCHANDO AQUÍ.

COMUNICACIÓN CO CENTRO NO PERÍODO DE SUSPENSIÓN DE CLASES.

Debido ás medidas adoptadas a causa do coronavirus, non se garante a presenza de persoal no centro. No caso de necesidade real de poñerse en contacto con nós, podedes chamar aos teléfonos 881938156 ou 881938158 de luns a venres, en horario de 09.00 a 14.00 horas.

TAREFAS E PROPOSTAS PARA O PERÍODO DE SUSPENSIÓN DE CLASES

Publicamos unha carpeta con recursos, tarefas e outras propostas para o alumnado durante o período de suspensión das clases a causa do Coronavirus. A carpeta está organizada por cursos e matarias, cada un deberá entrar na do seu nivel correspendente.

ACCESO Á CARPETA PINCHANDO AQUÍ

Información coronavirus

No seguinte documento tedes a información relativa á suspensión de actividades lectivas durante os vindeiros 14 días, a partir do luns.

Admisión de alumnado curso 2020-2021

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión en Educación Infantil e Educación Primaria para o curso 2020-2021 será do 1 ao 20 de marzo de 2020. Nos enlaces que veñen a continuación podedes atopar a información relativa ao proceso, así como os impresos de solicitude. Na secretaría do centro tamén se vos facilitarán os impresos e se vos dará a infomación que requirades. Así mesmo pódense obter os impresos e presentar a solicitude telemáticamente a través da aplicación Admisión alumnado na páxina da Consellería de Educación: www.edu.xunta.gal

 

Documentos interesantes:

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión.

Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

Impreso de solicitude de admisión.

Prazas vacantes dispoñibles.

 

 

 

Listado de libros e material escolar curso 2019-20

Eleccións de membros de consellos escolares de centros públicos (II)

Estimadas nais e pais:

A Xunta Electoral constituída segundo o establecido no Decreto 92/1988 para organizar e supervisar o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, fixou na súa reunión do día 5 de novembro o calendario que vos adxuntamos.

Segundo ese calendario, dende o día 6 ata o día 14 de novembro, estarán expostos no Centro os censos electorais e poderán presentar candidaturas todas as nais e pais interesados en formar parte do Consello Escolar. Para iso terán que pasar polo colexio onde se lles facilitará un modelo de credencial. O prazo de admisión de candidaturas remata tamén o día 14 do presente mes.

O día 26 de novembro terán lugar as votacións dos diferentes sectores para elixir os seus representantes. O horario de votación para o sector de nais e pais do alumnado será de 12 a 14 horas e de 16 a 18 horas.

Queremos lembrarvos que:

• Nesta convocatoria corresponde unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar, no sector de nais e pais corresponde a renovación de dous dos vosos representantes.

• Todas as nais e pais sodes electores, é dicir, podedes votar os dous.

• Todas as nais e pais sodes elixibles, sempre que presentedes a vosa candidatura.

• Para poder votar debedes estar correctamente inscritos no censo.

Unha vez máis, poñémonos á vosa disposición para intentar resolver calquera dúbida que teñades.

Un saúdo.

O director

Eleccións de membros de consellos escolares de centros públicos.

Estimadas nais e pais:

No Diario Oficial de Galicia do día 8 de outubro de 2018 aparece publicada unha resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

En dita resolución sinálase que as eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar celebraranse entre os días 26 e 30 de novembro de 2018. Tamén se sinala a necesidade de constituír unha xunta electoral encargada de regular o proceso de eleccións.   

Así, o vindeiro mércores día 24 de outubro, ás 12.00 horas, terá lugar o sorteo público na Biblioteca do colexio para a constitución da citada Xunta Electoral. 

Unha vez máis queremos lembrarvos a importancia destas eleccións nas que todas as nais e pais son electores e tamén elixibles, sempre que presenten a súa candidatura. 

O Consello Escolar é o órgano colexiado de goberno do centro con funcións que inclúen entre outras: participar na elección do director ou directora, na avaliación das Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro, da Programación Xeral Anual, na análise e valoración do funcionamento xeral do centro…

Unha vez se concrete o calendario, recibiredes unha información máis ampla e, en todo caso, ante calquera dúbida pasade polo colexio e intentaremos aclaralas. 

 

Un saúdo. 

O director.

 

Resolución provisional de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2018/2019

Ven de ser publicada a Resolución provisional de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2018/2019, no que estamos seleccionados.

 

Esto quere dicir que o vindeiro curso 18-19 o 5º curso de Educación Primaria disporá de libros dixitais e dun ordenador portátil por alumno/a.

O seguinte curso incorporarase 6º de Educación Primaria.

 

É importante que as familias de 5º EP lembren que non teñen que mercar os libros de texto.

 

Resolución provisional de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2018/2019

PRAZOS GRATUIDADE SOLIDARIA LIBROS DE TEXTO 4º e 6º EP

PRAZOS GRATUIDADE SOLIDARIA LIBROS DE TEXTO 3º a 6º EP

 

- Presentación de solicitudes: 22 de xuño (último día).

- Publicación de listaxes provisionais de adxudicación de libros: martes 3 de xullo.

- Reclamacións sobre as listaxes provisionais:  mércores 4 e xoves 5 de xullo.

- Publicación das listaxes definitivas: Venres 6 de xullo.

- Entrega de libros: primeira semana lectiva de setembro.

 

 

PRAZO ENTREGA DE VALES 1º e 2º EP e MATERIAL ESCOLAR 

 

- 4,  5 e 6 de xullo de 2018.

Distribuir contido


by Dr. Radut