PRAZO: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos.
A QUEN VAI DIRIXIDO?
Alumnado de 6º de Educación Primaria que continúe os seus estudos no noso centro adscrito: IES Plurilingüe Castro da Uz.
QUE TEÑO QUE PRESENTAR PARA RESERVAR PRAZA?
A solicitude ED550A debidamente cuberta. Podedes descargala aquí:
ONDE PRESENTO A SOLICITUDE?
- De xeito presencial: na secretaría do centro CEIP Plurilingüe A Fraga.
- De xeito electrónico: a través da aplicación informática admisión alumnado.
E SE QUERO PRESENTAR A SOLICITUDE NUN CENTRO DISTINTO AO CENTRO ADSCRITO?
- Formulario a cubrir: ED550B (solicitude de reserva).
- Prazo: do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos.
- Onde presento a solicitude? Nas oficinas dos IES que se escolleron como primeira opción ou en calquera dos lugares establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.