Skip to Content

Solicitude de axudas de préstamo e adquisición de libros de texto e material escolar

 

No DOG  do 19/05/2020 publicouse  a orde do 12 de maio de 2020 pola que pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2020-2021.

 O fondo solidario de libros de texto (sistema de préstamo) afecta ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, xa que 5º e 6º utilizan os ordenadores de E-Dixgal.

 As axudas para adquirir libros de texto van dirixidas ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

 As axudas para adquirir material escolar pode solicitalas todo o alumnado de Educación Primaria.

Para ter dereito a recibir as axudas de libros é necesario ter unha renda per cápita igual ou inferior a 10.000 €. Para as axudas de material, a renda per cápita debe ser igual ou inferior a 6.000 €.

 Ao igual que o ano pasado, basta con cubrir un só impreso para todas as solicitudes e todos os irmáns admitidos no centro.

 O prazo de entrega de solicitudes vai do 20 de maio ao 19 de xuño inclusive.

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado(anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Tamén se poderán presentar de modo presencial no centro. Deberán vir acompañadas de fotocopias do libro de familia e de sentencia de divorcio (se é o caso).

 Podedes descargar o impreso de solicitude tamén no arquivo adxunto.

Máis información pinchando neste enlace.

 

AdxuntoTamaño
Solicitude ANEXO I.pdf1.63 MB


blog | by Dr. Radut