Semana do 14 ao 17 de abril

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

 

Mañá, martes 14 de abril, comeza o terceiro trimestre pero seguimos coa suspensión das clases presenciais por prolongarse o estado de alarma. Nos arquivos adxuntos (organizados por cada curso) poderedes acceder ás propostas de actividades elaboradas polo profesorado do centro para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios na vindeira semana (do 14 ao 17 abril).

 

As actividades que aparecen en formato pdf, poderanse imprimir para realizar as tarefas ou copialas e realizalas no caderno. Só se debe copiar das tarefas as preguntas e escribir as respostas (non o resto do documento). No caso de ser unha actividade onde haxa que seleccionar o/a alumno/a pódeo facer oralmente visionando o documento e contando co apoio dun familiar.

 

Hoxe a consellería publicou un comunicado (Comunicado do 13 de abril de 2020, dirixido ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre as medidas a adoptar en relación co inicio do terceiro trimestre). No punto 2 deste comunicado infórmase de que: "Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan." Polo tanto, esperamos que ao longo desta semana poidamos informarvos das medidas e instrucións que nos achegue a Consellería para poder desenvolver este terceiro trimestre.

 

Para solucionar dúbidas respecto ás tarefas, poderedes poñervos en contacto co centro a través do correo electrónico: , o teléfono 881880400 e a aplicación abalarMóbil (comunicación directa co/a titor/a).

 

Sobre todo seguimos desexando que todos e todas esteades ben e mandámosvos moito ánimo e moita forza .

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

Distribuir contido