Semana do 16 ao 27 de marzo

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO

Tal e como se establece nas instrucións do 13 de marzo de 2020 no seu artigo 3.3, nos arquivos adxuntos (organizados por cada curso) poderedes acceder ás propostas de actividades elaboradas polo profesorado do centro para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios durante os vindeiros 14 días. As actividades propostas non terán carácter de avaliables.

As actividades que aparecen en formato pdf, poderanse imprimir para realizar as tarefas ou copialas e realizalas no caderno. Só se debe copiar das tarefas as preguntas e escribir as respostas (non o resto do documento). No caso de ser unha actividade onde haxa que seleccionar o/a alumno/a pódeo facer oralmente visionando o documento e contando co apoio dun familiar.

Para solucionar dúbidas respecto ás tarefas, poderedes poñervos en contacto co centro a través do correo electrónico:

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA A MATERIA DE RELIXIÓN CATÓLICA

No arquivo adxunto poderedes atopar a programación para a materia de relixión católica común para todos os cursos.

 

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

O equipo de educación infantil quere compartir con vós unha serie de recomendacións e orientacións que atoparedes nos arquivos adxuntos, para levar a cabo durante o período que dure a suspensión de clases, adaptando as distintas actividades á idade e nivel madurativo dos vosos fillos e fillas.

Distribuir contido