Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Xaneiro 29, 2013
Start: 29/01/2013 16:32

Unha tempada máis, e xa van tres consecutivas, os nos@s atletas tiveron unha destacada  participación na Fase Local de campo a través celebrada hoxe no campo de fútbol das " Eiroas".

Para a Fase Intercomarcal  que se celebrará o vindeiro sábado 2 de Febreiro no Parque deportivo de Acea de Ama ( Culleredo), clasificáronse 29 atletas do noso centro( 4 equipos e 10 atletas individualmente).

 

Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar a medalla de ouro e prata  de Lucía Carro e Marta Padín na categoría benxamín femenino; e as medallas de bronce de  David Pandelo, Andrés Lage e Yonatan Lema nas categorías benxamín,alevín e infantil masculino. No apartado de equipos, obtivemos o primeiro posto na categoría benxamín feminina, e o segundo posto nas categorías benxamín e alevín masculino, e alevín feminino.
 
Noraboa a tod@s polo voso esforzo!!!!  

Máis información no blog de eduacción física do centro:

http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com.es/

Sábado Febreiro 02, 2013
Start: 02/02/2013 19:37

 

O equipo alevín feminino de campo a través formado por: Valeria Gómez, Sarai Lema, Paula Lorenzo, María Serra, Natalia Riveiro, Cecilia Collazo e Graciela Amarelle, proclamouse por primeira vez na historia do noso centro, campión Intercomarcal de campo a través da zona da Coruña.

A este campionato hai que unir as medallas de prata e bronce de Valeria Gómez e Lucía Carro nas categorías alevín e benxamín feminina, e a medalla de bronce do equipo benxamín feminino.

Tamén hai destacar a clasificación de David Pandelo para o campionato provincial ao finalizar oitavo ,e o 4º posto do equipo benxamín masculino.

O resto dos no@s atletas estiveron a un gran nivel, deixando tod@s unha boa imaxe.

Poden consultar os resultados, clasificacións  e ver as fotografías da proba no blog de educación física do centro:

Sábado Febreiro 16, 2013
Start: 16/02/2013 18:31

Valeria Gómez clasificouse para disputar o Campionato Galego de campo a través escolar, ao finalizar oitava na Fase Provincial disputada na mañá de hoxe no circuíto de Acea da Ma( Culleredo).

Por segunda tempada consecutiva, un atleta do noso colexio, representaranos no Campionato Galego, que se celebrará en Guitiriz(Lugo), o próximo sábado 23 de Febreiro.

Tamén hai que destacar o 6º posto do equipo alevín feminino, e o bo papel de Lucía Carro e David Pandelo na categoría benxamín.

Noraboa a tod@s!!

Poden consultar os resultados, clasificacións e ver as fotografías da proba no blog de educación física do centro:http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com.es

Luns Febreiro 18, 2013
Start: 18/02/2013 15:52

 

 O  noso centro contará durante esta semana, cunha exposición itinerante sobre a" Educación, Deporte e Valores". Consta de dezasete paneis despregables e estará aberta no corredor principal do centro, a todo o colectivo escolar.

Esta exposición é unha invitación a  reflexionar sobre a importancia de determinados valores do deporte    como : NOBREZA, TOLERANCIA, INTEGRACIÓN, XOGO LIMPO, SAÚDE, DIVERSIÓN...

Martes Febreiro 26, 2013
Start: 26/02/2013 11:00


Valeria Gómez finalizou na vixésima posición ( novena  na clasificación individual) na Fase Final do Campionato Galego escolar de campo a través.

Hai que destacar que neste Campionato, estaban presentes as sesenta  mellores atletas de categoría alevín de todo Galicia, polo que o posto acadado pola atleta do noso colexio, é moi meritorio.

Con este Campionato remata a tempada de campo a través escolar, onde o noso centro, estivo presente por segunda tempada  consecutiva nas catro Fases do Campionato.

Poden consultar toda a información sobre o Campionato no blog de educación física do centro:

Distribuir contido