Animación á lectura

PETROGLIFOS E ENTROIDO

Aproveitando que este curso  estamos desenvolvendo un Proxecto Documental Integrado que  leva por título “As pegadas do pasado”, no que estudaremos a Prehistoria e os petroglifos  (gravados simbólicos en pedra feitos na Prehistoria), pareceunos moi boa idea  que na Festa do Entroido, que celebraremos o 8 de febreiro, veñamos todos disfrazados de homes e mulleres primitivas.

 

Animadevos a disfrazar aos vosos fillos e fillas e por que non?, vós, as familias, tamén podedes sumarvos a esta “festa Primitiva”, na que agardamos disfrutar, coma nos últimos anos, dos  “manjares” destas datas, que con tan boa ,man preparades cos vosos pequenos.

 Agradecemos, desde aquí,  unha vez máis a inestimable colaboración das familias. 

 

BIBLIOTECA DO CENTRO

 

A biblioteca do colexio (BIBLIOTECA DO CHECHO) atópase funcionando “a toda máquina”. Temos moitas actividades (certames, celebracións…) e a oferta educativa e de ocio amplíase día a día.  Hai materiais  de todas as áreas e para todas as idades, ademais de producións propias do colexio  e libros ” marabillosos”.

O alumnado atopa neste espazo un lugar de disfrute todos os recreos, lendo, facendo consultas, informándose, usando o material informático…

Pero non só os alumnos e alumnas poden beneficiarse da nosa biblioteca, senón que tamén os  pais, nais, titores e titoras poderán consultar a biblioteca do Centro os martes e mércores pola tarde (de 16:30 a 18:30). Tamén está á súa  disposición  libros de adultos situados na  estantería que se atopa no vestíbulo do colexio, da cal poderán levar material en préstamo.

Se queredes máis información e estar ao día de todas as actividades da biblioteca, podedes consultar o blog da biblioteca: dinamizacioncarballeira.blogspot.com. Asemade se tedes alguna suxerencia facédenola chegar ao enderezo:  bibliotecadochecho@hotmail.com

“AS PEGADAS DO PASADO”

Este curso escolar, todo  o colexio vai levar a cabo un proxecto  documental integrado que leva por  título As pegadas do pasado”.  Estudaremos os petroglifos, a vida na prehistoria… Visitaremos algún petroglifo, ademais de estudar o noso,  porque xa sabedes que no recinto escolar temos un petroglifo que, agardamos, sexa “restaurado”este curso para poder disfrutar del como testemuña dos nosos antepasados.

 

SAMAÍN

Como corre o tempo. Xa estamos de cheo metidos no outono e ás portas, un ano máis,  da celebración do Samaín e o Magosto.

            A vindeira semana celebraremos o Samaín con obradoiros de vaciado e decoración de cabazas, á vez que ornamentaremos a entrada do colexio para o efecto, rematando coa exposición dos traballos elaborados.

            Animádevos a traer cabazas para decorar ou xa decoradas da casa. Podedes pedirle colaboración ás vosas familias. É un bo momento para facer algo xuntos.

Biblioteca

A Biblioteca está funcionando a pleno rendemento.  Xa sabedes que temos novos axudantes, doce alumnos e alumnas de 6º que no recreo colaboran co Equipo de Biblioteca.


Desde aquí felicitamos a Óscar, Paloma e Daniel por seren os lectores  que máis libros retiraron da Biblioteca no mes de outubro..


O libro que máis gustou neste mes pasado foi “Cuarto viaje al Reino de la Fantasía” de Gerónimo Stilton e o DVD “Bob Esponja”.


 


Animámosvos a que visitedea a Biblioteca do Colexio e que disfrutes da mesma.

1º PREMIO PARA O NOSO COLEXIO DO CERTAME “CHOVEN LETRAS DE LOIS PEREIRO”

Parabéns para todos, especialmente para o equipo de Dinamización.

 

CONTO VIAXEIRO

Os alumnos e alumnas do colexio elaboraron  o conto viaxeiro “H2O”. Un precioso e interesante conto cuns personaxes moi peculiares: Pinguiña, Pilánea, Petrólium e o científico H2O .A través deles dásenos unha interesante mensaxe.

I CERTAME LITERARIO

No blog do Equipo de Dinamización Lingüística do colexio poderedes consultar a resolución do I Certame Literario  que leva por título “Somos química: a auga”. Tamén poderedes ler os textos de poesía e narrativa premiados. Noraboa aos  galardonados.


                    Desde aquí queremos animarvos a todos a participar en vindeiros certames.

DÁLLE Á LINGUA

O noso alumnado do 5º nivel vai participar na actividade "DÁLLE Á LINGUA", que promove a emisora Onda Cero Pontevedra en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello. No día de hoxe realizaron a gravación que trataba sobre as diferentes máscaras dos Entroidos Tradicionais en Galicia. Poderemos escoitalos do 28 de marzo ao 1 de abril en Onda Cero Pontevedra, na frecuencia 95.3 de F.M., ás 11:55 da mañá. Parabéns a estes pequenos periodistas radiofónicos por un día!

Blog do ENDL

A profesora Ángeles, coordinadora do equipo de normalización e dinamización lingüística, ten creado un novo "blog", no que podedes ver as actividades realizadas e outras novas relacionadas coa nosa lingua.

http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com/ 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031