Novas
CONSELLO ESCOLAR
Enviado por admin o Lun, 29/10/2012 - 17:53
O Consello Escolar é o máximo órgano de goberno do Centro. Representa á comunidade educativa, xa que está formado por profesores, pais, nais , persoal non docente e un representante do Concello.
No mes de novembro , entre os días 26 e 30 de novembro, terán lugar as eleccións para a renovación parcial dos membros que formarán parte do Consello Escolar do Colexio.
Para levar adiante este proceso, deberase constituir unha XUNTA ELECTORAL que organizará e supervisará todo o proceso electoral e que estará integrada por:
- A directora do Centro
- Un profesor /a
- Un pai ou nai ou titor legal
- Un representante do persoal de administración e servicios
Para elixir a estes membros farase un sorteo público o mércores 31 de outubro, ás 12:00 horas da mañá no Colexio.
A XUNTA ELECTORAL concretará o calendario electoral que lles será comunicado próximamente.
Cada pai, nai e/ou titor legal poderá presentarse como candidato/a para formar parte do CONSELLO ESCOLAR e participar así na xestión do Centro.
Para ter representación de todos os sectores é conveniente que se presenten candidatos, polo que animamos aos profesores e aos pais e nais a presentar a súa candidatura.
Ao longo do mes será enviada diferente información ás casas sobre todo o proceso.
Datos de interese curso 2012-2013
Enviado por admin o Mar, 16/10/2012 - 16:26HORARIO LECTIVO DO CENTRO:
De 9:00 h. A 14:00 h.
HORARIO DE BIBLIOTECA:
De Luns a venres: De 11:45 h. a 12:15 h.
Mércores: De 16:30 h. a 18:30 h.
HORARIO DE ATENCIÓN A PAIS, NAIS E TITORES/AS:
Martes: de 16:30 h. a 15:30 h.
* Para asuntos urxentes, atenderáselles outro día da semana, previa cita.
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO POR PARTE DO EQUIPO DIRECTIVO:
Dirección:
De martes a venres : De 9:00 h. a 10:00 h.
Secretaría:
Luns: De 12:15 h. a 13:00 h.
Mércores: De 11:00 h. a 11:45 h.
Venres: De 10:10 h. a 10:50 h.
Xefatura de Estudos:
Martes, mércores e venres : De 9:00 h. a 10:00 h.
Folleto informativo
Enviado por admin o Ven, 24/02/2012 - 10:56No seguinte arquivo adxunto, podes consultar toda a información do noso colexio:
Magosto
Enviado por admin o Xov, 10/11/2011 - 10:32Xa sabedes que o venres que vén, día 11 de novembro, celebraremos o MAGOSTO no Colexio, se o tempo o permite.
Con tal motivo é necesario que os nenos e nenas traiades unhas poucas castañas, previamente picadas (cun corte na casca) para asar e se queredes unha bebida (auga, zume...) en envase non de vidro. Tamén haberá chourizos asados con pan.
Se algún de vós dispón na casa de carozos ou leña miúda para facer a brasa, pode traer unha pouca ao Colexio; sempre co consentimento da vosa familia. Sería de gran axuda.
Samaín
Enviado por admin o Xov, 10/11/2011 - 10:31A celebración do Samaín resultou moi interesante. A entrada do colexio quedou adornada coma se fose un túnel tenebroso cheo de teas de araña, morcegos e demais bichería que levaban ata o precioso mural feito para a ocasión.
Tamén se fixo un obradoiro no que puidemos aprender diferentes maneiras de decorar as cabazas, coa inestimable colaboración de Manuela, unha nai de alumnos do Centro.
Ao remate, fixemos unha exposición coas cabazas decoradas cunha vela acesa no seu interior, como manda a tradición.
Quedou de medo!!!
Biblioteca
Enviado por admin o Xov, 10/11/2011 - 10:30A Biblioteca está funcionando a pleno rendemento. Xa sabedes que temos novos axudantes, doce alumnos e alumnas de 6º que no recreo colaboran co Equipo de Biblioteca.
Desde aquí felicitamos a Óscar, Paloma e Daniel por seren os lectores que máis libros retiraron da Biblioteca no mes de outubro..
O libro que máis gustou neste mes pasado foi “Cuarto viaje al Reino de la Fantasía” de Gerónimo Stilton e o DVD “Bob Esponja”.
Animámosvos a que visitedea a Biblioteca do Colexio e que disfrutes da mesma.
BLOG TIC "A CARBALLEIRA"
Enviado por admin o Sáb, 11/06/2011 - 19:01Neste enlace:
https://ticcarballeira.wordpress.com/
Podedes acceder o novo blog do equipo TIC do C.E.I.P. "A Carballeira", con enlaces a contidos educativos de todo tipo.
1º PREMIO PARA O NOSO COLEXIO DO CERTAME “CHOVEN LETRAS DE LOIS PEREIRO”
Enviado por admin o Dom, 05/06/2011 - 10:32Parabéns para todos, especialmente para o equipo de Dinamización.
Axudas para a adquisición de libros de texto
Enviado por admin o Ven, 03/06/2011 - 10:14Orde do 13 de maio de 2011 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2011/2012 en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial.
(Diario oficial de Galicia do 31 de maio)
CONTO VIAXEIRO
Enviado por admin o Mér, 01/06/2011 - 12:46Os alumnos e alumnas do colexio elaboraron o conto viaxeiro “H2O”. Un precioso e interesante conto cuns personaxes moi peculiares: Pinguiña, Pilánea, Petrólium e o científico H2O .A través deles dásenos unha interesante mensaxe.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »