FESTA FIN DE CURSO

  Aquí tendes o planning para venres.

 

RESULTADOS RASTREXO

Despois dunha longa espera aquí están os resultados do rastrexo literario. Sabemos que pasou tempo, pero o bo faise esperar e é moi bo aprender a cultivar a paciencia.

Sen bromas, estivemos ocupadas no cole en outras tarefas burocráticas urxentes e non atopamos momento para pasar a limpo os datos para publicar, aínda que ao alumnado de primaria xa llo dixeramos no cole.

Houbo un empate entre os dous equipos de sexto e terá que levarse a cabo un desempate que se fará a última semana de curso. Consistirá nunha rolda de pasapalabra con contido literario. O equipo que máis respostas correctas dea será o gañador!! O premio xa será dado ao alumnado no propio centro ese mesmo día.

Ao equipo gañador de Infantil xa se lle dará o premio na clase.

Moitas grazas ao alumnado e familias por participar e, o curso que vén repetiremos, ídevos poñendo ao día en contidos literarios: LEDE MOITO!!

Actividade da modalidade ConvíveT

LISTAXE PROVISIONAL ADMISIÓN

Hoxe é o día de publicación da lista provisional de admitidos. Todo o alumnado que solicitou praza no noso centro está admitido xa que existen vacantes suficientes en todos os grupos para admitir ao alumnado que fixo a solicitude de admisión.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ALUMNADO

O proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2024/25 organízase a través do seguinte calendario, con estas datas relevantes:

  • Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024: prazo de reserva nos centros de adscrición para o alumnado que cambia de etapa educativa e de centro.
  • 22 de febreiro de 2024: publicación da listaxe de alumnado que ten reserva no centro de adscrición.
  • Antes do 1 de marzo: sorteo público para os efectos de desempate.
  • Do 1 ao 20 de marzo de 2024: prazo de solicitude de admisión para todo aquel alumnado que de xeito voluntario quere realizar un cambio de centro e para o alumnado que se escolariza por primeira vez.
  • Do 21 de marzo ao 5 de abril: presentación documentación baremo (de haber máis solicitudes que vacantes)
  • 25 de abril de 2024: publicación da listaxe provisional de admitidos. A partir do día seguinte da súa publicación hai 5 días para presentar reclamacións a esa listaxe.
  • 15 de maio de 2024: publicación da listaxe definitiva de admitidos. Reclamación 1 mes dende a publicación.
  • Do 20 ao 30de xuño de 2024: Comeza o prazo de formalización de matrícula para aquel alumnado que foi admitido.

A normativa que regula o proceso é a seguinte:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

 

Toda esta información e máis tédela na aplicación de Admisionalumnado. aquí poderedes consultar o seguinte:

a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.

b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.

c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.

d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

Podedes presentar a solicitude telemáticamente (opción prioritaria). Tedes toda a información no enlace anterior á aplicación de Admisionalumnado ou podedes presentala presencialmente no centro.

A documentación para entregar sería:

  • A propia solicitude, xunto co anexo-bis I ou II  asinada polos dous proxenitores.
  • Copia do libro de familia ou certificado de nacemento, na súa ausencia.
  • Copia do DNI do neno ou nena, se o ten.
  • No caso de divorcio ou separación legal, sentenza de separación.
  • Documentación acreditativa do alumnado con NEAE

 As vacantes dispoñibles no noso centro son as seguintes:

3 anos.... 20 prazas

4 anos.... 12 prazas

5 anos.... 8 prazas

1º EP ..... 12 prazas

2º EP....... 2 prazas

3º EP....... 4 prazas

4º EP....... 9 prazas

5º EP....... 0 prazas

6º EP....... 7 prazas

Ademais de toda a información incluída na normativa deixamos aquí o criterio complementario de baremación no noso centro:

Certificar ter familia de 2º ou 3º grado de cosanguineideade na área de influencia do noso centro.
A documentación que solicitaremos para comprobalo será:
- libro de familia ou análogo que demostre o parentesco co alumno/a.
- documento que certifique que o  domicilio dos parentes está na área de influencia do noso centro.

 

 A ter en conta:

1º. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.

A área de influencia do noso centro é a seguinte: Abelendo, O Lago de Abelendo, Aguiero, O Cruceiro, O Outeiro,
Carballadasna, Sanchilán, Ameixoada, curva da Pandiña parte norte da Estrada,Casal de Abaixo ata a
Porta do Cego e Sanchilán, Os Ladrados, Estrada PO 313 parte de arriba ata o Mirador da Fraga
(Broullón, Sabaceda, Marrúa, Paradela)

O noso centro ten servizo de comedor e tamén servizo de transporte.

Por último, lembramos que a admisión e a matriculación nun centro docente público ou privado concertado implicarán respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro privado concertado, se o tivese.

Para calquera información adicional ou dúbida chamade ao centro.

Nos adxuntos a continuación podedes descargar o impreso de solicitude.

Distribuir contido

Back to top