Promoción 2020 - 1º

Ambiente de lóxica - matemática. 2021 - 2022

Nos últimos días de setembro estivemos empregando materiais xa coñecidos do ano pasado, e pouco a pouco, unha vez que fomos lembrando como facer estas propostas, fomos engadindo algúns novos materiais e actividades.

Coma sempre, nesta zona da aula perseguimos favorecer a adquisición de contidos relacionados coa ordenación, seración, emparellamentos e agrupamentos, lóxica e estruturación espacial, recoñecemento dos números e asociación da grafía á cantidade...

Tanto a escalera marrón como as regretas son xa materiais coñecidos para nós, pero nos axudan a estruturar e ordenar o pensamento, así como a coñecer dviersas propiedades dos obxectos, como poden ser o grosor ou a lonxitude.

Outro material coñecido e que ademais nos axuda a afianzar a nosa coordinación óculo - manual e a reforzar a psicomotricidade fina son os pinchiños, que ademais de poder xogar libremente con eles, tamén facemos actividades máis dirixidas, como nesta ocasión que estivemos a facer series de dous e tres elementos.

Con novos xogos traballamos a lóxica, os emprellamentos, a atención, a concentración e a discriminación auditiva:

Tamén engadimos novos quebracabezas, que nos axudan na estruturación espacial, así como na planificación das nosas tarefas, e incluso co traballo en equipo cando xogamos xuntos.

E por último estivemos lembrando as grafías dos números, o conteo e a asociación da grafía coa cantidade con algúns materiais coñecidos do curso pasado.

E así seguiremos traballando neste ambiente da aula, afianzando os coñecementos adquiridos e progresando para, pouco a pouco, ir aprendendo cousas novas e seguir medrando.

 

PRIMEIROS DÍAS DO CURSO 2021-2022

Por fin chegou setembro. Moitas nenas e nenos estaban desexando volver ao cole, ver aos amigos/as e xogar xuntos de novo.

Así, nestes primeiros días de setembro, deixamos tempo para estes reencontros e momentos tan especiais. Case todos os materiais que puxemos ao alcance eran xa coñecidos para os cativos e o noso espazo apenas sufriu unhas pequenas modificacións con respecto ao final do curso pasado, o que nos permitiu dedicarnos a crear momentos xuntos e acoller aos novos compañeiros que empezaban esta nova andaina con nós.

Un dos ambientes da aula nos que puidemos reencontrarnos foi o espazo de arte, recordando os diferentes materiais e actividades que alí podemos atopar para dar rienda solta á nosa imaxnación e creatividad.

Outro dos espazos xa de sobra coñecido e querido é a zona de construcción e minimundos. Neste ambiente cambiamos a plataforma, ahora máis grande e algo máis baixa, para poder acceder ben. E nestes momentos podemos xogar cos dinosauros, creando historias e recreando mundos nos que estes animais sexan os protagonistas. E na zona da asemblea poden seguir construindo coas vías do tren, que de momento seguen formando parte das propostas da nosa aula.

No ambiente de xogo simbólico, mantemos a cociniña, os bonecos, a zona do sofá coa biblioteca de aula... E nos útimos días engadimos a mesa senorial para poder facer deliciosas receitas cos elementos que nela atopamos (actualmente fabas) e poder practicar os transvases. Nesta zona temos también unha serie de propostas de vida práctica que nos axudan, entre outras moitas cousas a fortalecer a musculatura das nosas mans, a avanzar na coordinación óculo - manual, etc.

E tanto na zona de lectoescritura como de lóxica-matemática, estivmos lembrando as propostas que deixamos a finais do curso pasado. Pouco a pouco, iremos engadindo actividades novas, segundo os ritmos dos nenos e nenas e a súa maduración.

 E como non, desfrutamos dos nosos marabillosos espazos esteriores, coa gran novidade de que podemos empregar diferentes materiais de xogo:

Foron uns primeiros días fantásticos! Seguro que neste curso imos pasalo moi ben medrando xuntos!

Un día en Abelendo

Neste video podedes ver unha pequena mostra do día a día na escola, neste recentemente comezado terceiro trimestre.


MOMENTOS DE PATIO NOS DÍAS DE CHOIVA

Nos días de choiva tamén saímos ao patio. Ás veces temos sorte e na nosa hora de saír non chove, pero outras pìllanos a choiva cando xa estamos fóra... así que tócanos poñernos a cuberto e procurar alternativas de xogo:

Noutras ocasións, saímos á entrada e facemos diversos xogos de construccións:

E tamén aproveitamos cando a pista está baleira e saímos a correr, a camiñar polas liñas, saltar nos charcos...

A choiva non detén o noso desfrute no cole de Abelendo!

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Este venres inauguramos a Biblioteca do cole e o proxecto que desde alí ímos a desenvoler sobre os mares e océnaos, e que leva por título "enMARañados".

Pero antes de ir a Biblioteca, vimos un video na aula onde saían uns animais moi fermosos que viven no mar: as medusas.

Despois na Biblio, pudiemos ver un libro de consulta sobre diversos animais mariños, e un pequeno video onde ademais de ver criaturas fermosas que viven nese medio acuático, pudiemos observar que se non coidamos ese contorno os animais e as plantas que alí viven vense moi perxudicados.

Quedamos moi impresionados con toda esta información. Tanto que no patio atopamos lixo e por iniciativa propia decidiron limpar o noso cole e tirar o que atopáramos no contenedor axeitado.

 

E por último, dedicamos a última parte da mañá para facer unha pequena manualidade: unha medusa que decorará o teito da biblioteca e que nos acompañará durante este proxecto.

 

Seguro que aprendemos moitas cousas sobre o mar, os océanos e o seu coidado!

Distribuir contido

Back to top