Ambiente de lóxica - matemática. 2021 - 2022

Nos últimos días de setembro estivemos empregando materiais xa coñecidos do ano pasado, e pouco a pouco, unha vez que fomos lembrando como facer estas propostas, fomos engadindo algúns novos materiais e actividades.

Coma sempre, nesta zona da aula perseguimos favorecer a adquisición de contidos relacionados coa ordenación, seración, emparellamentos e agrupamentos, lóxica e estruturación espacial, recoñecemento dos números e asociación da grafía á cantidade...

Tanto a escalera marrón como as regretas son xa materiais coñecidos para nós, pero nos axudan a estruturar e ordenar o pensamento, así como a coñecer dviersas propiedades dos obxectos, como poden ser o grosor ou a lonxitude.

Outro material coñecido e que ademais nos axuda a afianzar a nosa coordinación óculo - manual e a reforzar a psicomotricidade fina son os pinchiños, que ademais de poder xogar libremente con eles, tamén facemos actividades máis dirixidas, como nesta ocasión que estivemos a facer series de dous e tres elementos.

Con novos xogos traballamos a lóxica, os emprellamentos, a atención, a concentración e a discriminación auditiva:

Tamén engadimos novos quebracabezas, que nos axudan na estruturación espacial, así como na planificación das nosas tarefas, e incluso co traballo en equipo cando xogamos xuntos.

E por último estivemos lembrando as grafías dos números, o conteo e a asociación da grafía coa cantidade con algúns materiais coñecidos do curso pasado.

E así seguiremos traballando neste ambiente da aula, afianzando os coñecementos adquiridos e progresando para, pouco a pouco, ir aprendendo cousas novas e seguir medrando.

 

Back to top