3 DE DECEMBRO, DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE OU DIVERSIDADE FUNCIONAL

Hoxe, 3 de decembro conmemórase o día das persoas con discapacidade 

No cole non quixemos deixar pasar o momento de visibilizar este día. A pesar de que é algo que se traballa a cotío no cole, este día había que darlle máis luz, poñer o foco na diversidade. Entón, o equipo de extraescolares plantexounos e preparou uns circuitos para que o alumnado poidera ser consciente do que senten as persoas que non ven, ou que non escoitan...

Foi todo un descubrimento para eles ver como se complican algunhas tarefas como pintar cando non podes empregar as mans e tiveron que tirar de creatividade para buscar outros xeitos de pintar.

Aquí tendes unhas fotiños do feito

 

Ademáis de facer isto, nas clases visualizáronse cortos que trataba estes temas como ESTE que é unha delicia de ver. Pinchade no resaltado para velo.

 

E, por último e dentro todo isto da modalidade de contratos programa INCLÚET, colocamos nas diferentes portas os carteis de sinalización que encargamos para facer do noso cetro un espazo máis inclusivo, pensado para todas as persoas e que facilite os desprazamentos polo mesmo. Nalgunhas das fotos vedes os paneis que o pasado curso colocamos renomeando as nosas aulas con mulleres importantes da cultura, en especial galega, pero tamén a nivel mundial.

 

É tarefa de todas conseguir un mundo máis inclusivo e, para acadalo, non podemos deixar pasar ningunha ocasión, todos os días se traballa pola inclusión, pero días coma este hai que poñer máis , se cabe, o foco nestas situacións!!!

3 de decembro- día das persoas con discapacidade.

 

CONMEMORACIÓNS

Estes últimos días clebramos varias conmemoracións importantes.

Días de visibilización de temas ou problemáticas que non deben quedar á marxe da escola, do ensino.

Días nos que hai que falar e poñerlle nome ás cousas para que as nenas e nenos sexan conscientes de canto nos queda por facer e de canto podemos facer a título individual para ter un mundo mellor no que CONVIVIR!

 

 

 

 

 

AXUDA PARA MÁSCARAS ALUMNADO

Dende a Consellería de cultura, Educación e Universidade na ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria.

Serán beneficiarios das máscaras:

  • O alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar na convocatoria de Fondo Libros 2020/2021, non tendo que cubrir ningunha documentación.

Poderán solicitala ata o 24 de novembro de 2021 aquelas persoas:

  • Que pertenza a familias cunha renda per cápita igual o inferior a 6.000 euros.
  • Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou supeiror ao 65%, con independencia de renda da unidade familiar.

Para facer a solicitude poden descargar os documentos no portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal o recoller unha copia no centro.

As solicitudes poderán presentalas:

  • No centro docente onde está matriculado o alumno/a.
  • O a través do formulario ( anexo I e II) dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal.

Para calquera dúbida o centro está a súa disposición.

VOLVEMOS A FESTEXAR!!

Este ano, grazas a melloría da situación sanitaria, pudemos volver celebrar as festiñas que nos gustan no cole.

No SAMAÍN, volvemos a facer exposición de cabazas decoradas. A pena é que o mal tempo chafara os nosos plans, pero haberá máis anos para poder facer o que pensabamos.

Aquí tendes unhas fotiños do preciosas que quedaron as cabazas.

 

 

En onte, no MAGOSTO, reencontrámonos coa ilusión, coa alegría, cos xogos, co cheiro a lume, co borro na cara.... Foi un día estupendo. Grazas á avoa e avó que axudaron e tamén ás persoas da ANPA que viñero a axudar a asar, se vós non teriamos asado as castañas. Só botamos de menos poder compartilo con todas as familias. Na memoria de todas está a última celebración do magosto, onde o cole se encheu de nais, pais, avoas e avós, e comemos xuntos e rimos moito e o pasamos tan tan ben! Seguro que virán tempos mellores que nos permitan volver a celebrar xuntos e a desfrutar dos bonitos momentos que nos deixa a convivencia.

Aquí vos deixamos unhas fotiños para que vexades...

      

    

   

 A ver se 2022 nos deixa volver a desfrutar xuntos comendo castañas e chourizos e rindo ás gargalladas!!

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Como sabedes, este ano levarase a cabo a renovación parcial do consello escolar adiada o pasado curso.

Engadimos aquí a convocatoria das eleccións para que poidades consultar toda a información.

Animamos ás familias do centro a presentar a súa candidatura para poder participar deste órgano dende o que se toman decisións para a xestión do centro. É importante ter a vosa representación, polo que vos animamos a participar del.

Para resolver calquera dúbida, chamade ao centro e estaremos encantadas de aclararvos calquera información.

 

 

Distribuir contido

Back to top