SOLICITUDES TRANSPORTE E COMEDOR

Achegamos en adxunto os documentos para a solicitude de transporte e comedor para aqueles que non o solicitaran todavía ao centro e o precisen.

Podedes entregalo no centro en horario de mañá.

Listaxe definitiva de alumnado admitido

Estimadas familias. Xa están publicadas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes de alumnado admitido para o vindeiro curso 2022/2023.

Todo o alumnado que solicitou praza no noso centro foi admitido. Avisaremos cando comece o prazo de matrícula de toda a documentación necesaria e os prazos para formalizala.

Estamos desexando ter aos voso pequechos e pequechas entre nós!!

Beca aneae 2023-24

in

Está aberto o prazo de solicitude de AYUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDAD ESPECÍFICA DE APOYO EDUCATIVO PARA EL CURSO ACADÉMICO 2023-2024.

 

Podedes ver a convocatoria e toda a información no senguinte link.

 

O alumnado que cambie de centro debe entregar a documentación no centro onde vaia estudiar o vindeiro curso.

 

O prazo de solicitude é ata o 20de setembro, inclusive.

 

As familias que soliciten estas axudas deberán entregar a seguinte documentación:

  • Solicitude de beca cuberta e debidamente asinada.
  • Informe médico onde conste o diagnóstico.
  • Certificado de discapacidade.
  • Fotocopia de DNI do alumno e dos adultos da unidade familiar.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Título de familia numerosa (se así é).
  • Xustificante do banco do número de conta onde o alumno figura coma titular de dita conta (ou deberán marcar a casilla de que autoriza ao centro a percibir os cartos).
  • Memoria do gabinete.
  • Se conviven outros membros no mesmo domicilio, certificado de empadroamento onde figure o domicilio do alumno de tódalas persoas que conviven.

 

 

 

Día da familia

Este domingo celébrase o día da familia. No cole levamos varios anos sen celebrar o día do pai e o da nai porque hai familias moi diversas que non responden a ese patrón.

Esta semana traballamos a diversidade familiar a través de contos e dende a coordinación da modalidade Inclúete de Contratos Programa plantexóusenos facer esta actividade conxunta. Que cada nena e neno representase a súa familia para deixar constancia da diversidade de familias que hai no centro. Logo fixemos este mural conxunto. Mirade que bonitiño. E como dixo un neno de infantil, lembrade, familia é unha xente que vive xunta e o màis importante, que se quere!! Non é unha bonita definición?? Feliz día das familias a todas, celebrade como se merece.

Contiños para traballar este tema:

Mi familia. Ed. Destino 

En familia! Ed. Hércules 

Familiario Ed. B de Block

El gran viaje de las familias extraordinarias.

Familiarium Ed. Comanegra

Unha chea de familias Xosé A. Neira Cruz

Mi familia especial Ed. El Pirata

Familias felices

 

 

 

 

 

 

 

I RASTREXO LITERARIO

Este sábado, fixemos no cole o primeiro rastrexo literario. Con motivo da conmemoración do día do libro e, despois de ter que aplazalo pola climatoloxía do propio día 23, este sábado poidemos levar a cabo esta actividade.

Era unha actividade pensada dende a modalidade CONVÍVET, dos CPIncúe, xa que o que buscabamos, ademáis de facer exercicio, era ter un momento de convivencia no centro co alumnado e as súas familias. Ademáis a fixemos en colaboración co equipo de biblioteca, xa que todas as probas estaban encamiñadas a darlle importancia e demostrar o que o noso alumnado e acompañantes sabían sobre literatura infantil.

Apuntáronse 10 equipos e foron saíndo escalonadamente de dez en dez minutos. Saían da pista do centro e volvían á mesma pista. No recorrido que os levou polos arredores do centro ata SanMartiño ían atopando xogos e probas que facer. A rapidez en facer o percorrido puntuaba e tamén o facían as probas en sí.

Estes días colgaremos algunhas fotiñas das saídas, pero polo que todas estades esperando é pola clasificación, así que, aquí a tendes:

EQUIPOS

PROBA 1 PROBA 2 PROBA 3 PROBA 4 PROBA 5 PROBA 6

TEMPO E

PUNTUACIÓN

TOTAL
GATIÑOS VOADORES 15 20 20 5 14 14 59min 16PTOS 104 PTOS
EQUIPO NEVERA 15 20 24 5 12 20 1H 1min 15PTOS 111 PTOS
4 ANOS A TOPE 15 20 24 5 12 12 1H 1min 15PTOS 103 PTOS
EXPLORADORES VELOCES 15 20 24 5 14 15 1H 1min 15PTOS 108 PTOS
GRUPITO MOLÓN 15 20 20 5 12 11 57min 17PTOS 100 PTOS
HORMIGAS VOLADORAS 15 15 16 5 16 5 51min 18PTOS 90 PTOS
EXPLORADORES INCREÍBLES 15 20 20 5 20 10 1H2min 14PTOS 104 PTOS
AS LETRAS VOADORAS 15 20 24 5 14 11 57min 17PTOS 106 PTOS
OS DO CASAL 15 20 24 5 20 15 47min 19PTOS 118 PTOS
POR LOS PELOS 15 20 24 5 20 15 42min 20PTOS 119 PTOS

Polo tanto, tal e como vedes, xa temos equipo gañador: POR LOS PELOS. Noraboa!! Mañá no cole faremos entrega do seu agasallo de campeóns para que poidan seguir a desfrutar da literatura.

 

Queremos aproveitar para agradecer a participación das familias e a colaboración das familias e a ANPA que estiuveron botando unha man. Desexamos que fose unha tarde divertida para todas e que poidamos ir facendo máis actividades ao aire libre para desfrutar do bo tempo e da natureza.

Ata a próxima!!

Na seguinte entrega irán as fotiños.

 

Apertas a todas!!

 

Distribuir contido

Back to top