25N

Como todas saberedes mañá é o 25N e conmemórase o día contra a violencia de xénero. No cole levamos toda a semana a traballar esta temática, pero o acto conmemorativo levarémolo a cabo o luns, pero non queriamos pasar por alto a xornada de contacontos en Igualdade que desfrutaron hoxe as alumnas e alumnos de Infantil grazas a un pai comprometido coa causa e que sempre está disposto a vir a colaborar co centro.

O alumnado desfrutou dun contacontos en prol da igualdade a través de contos tan coñecidos como Artur e Clementina ou O libro dos porcos. Fixémolo ao soliño no patio do cole e resultou unha xornada fantástica.

Grazas David por vir ao cole e axudar nesta importante labor de educar en igualdade!!

E o luns ensinarémosvos máis!!

 

 

O GALEGO NAS NOSAS MANS

Este ano dende o equipo de dinamización lingüística teremos propostas mensuais para vós para  ir dándolle á nosa lingua un papel fundamental na vida do centro e tamén para poder gozar dela en familia.

Estade atent@s ás novedades e poderedes ir vendo por aquí os traballiños.

Animádevos e comprometédevos coa lingua!!!

EXPOSICIÓN "AS RAÍCES QUE NOS UNEN"

Este curso fixemos un proxecto sobre a flora autóctona e a flora do nosos cole. Ademáis de moitas actividades que fixemos no centro, queremos rematar o curso invitándovos a unha exposición para que poidades ver os traballos que fixemos no cole sobre este tema. Estades todas e todos convidados.

Distribuir contido

Back to top