Publicadas no BOE becas 2023-2024 para alumos/as con necesidades específicas de apoio educativo.
Prazo de solicitudedo 8 de maio ao 20 de setembro de 2023.
O pasado 31 de xaneiro celebramos no centro o día de paz.
Cada nivel decorou e escribiu mensaxes de paz nunhas pombas de papel, as cales atamos a globos y deixamos voar durante o acto.
Despois de soltar as nosas pombas de papel fumos a tomar un rico chocolate con churros.
O xoves 20 tivemos visita de antiguos alumnos e alumnas do centro asi como profesionais do centro.
Lembranos algunas anécdotas de cando estaban no noso centro e ao final, con motivo do noso 50 aniversario, fixéronnos un bonito agasallo.
Os nosos nenos e nenas visitaron a exposición de Legos no Castelo de San Felipe que recreaba a Batalla de Brión.
Durante esta visita recorreron o Castelo investigando polos corredores e merendando cunhas preciosas vistas.
Pasárono xenial!
Moitas grazas ao grupo de Teatro Ghazafelhos de Ferrol por vires a facernos unha visita ao noso centro. O alumnado disfrutou moitísimo con esta entretida e terrorífica obra.
O pasado 27 de Abril celebramos o primeiro acto conmemorativo do aniversario do Terra de Ferrol! Acompañados dunnha fermosa música, o profesorado e alumnado do noso centro asistimos á plantación dun fermoso olivo. Grazas a todos/as.
![]() |