Skip to Content

Psicoloxía e Psiquiatría

Funcións

 

Según dispón o Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, da Consellería de Sanidade, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios de Galicia, e de conformidade co establecido no seu título V sobre Rexistro de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios, se acredita que o Centro de Educación Especial TERRA DE FERROL, figura inscrito no rexistro co número C-15-002647.

A continuación, preséntanse as funcións do Equipo de Psicoloxía e Psiquiatría:

A nivel xeral

  • Realizar unha valoración inicial dos alumnos e as súas familias.

  • Participar nas reunións consultivas pertinentes.

  • Manter actualizados os expedientes dos alumnos dos centros.

  • Manter actualizada a documentación xerada no desenvolvemento das actividades.

  • Rexistrar observacións periódicas sobre o proceso educativo do alumno que requiran dunha intervención.

  • Establecer e manter relacións interpersoais cos alumnos e familia.

  • Asesorar ao persoal docente e non docente en aspectos derivados do diagnóstico do alumnado, para unha mellor atención.

  • Realizar grupos de traballo individual co alumnado que o requira.

  • Coordinarse cos servicios de atención primaria (servicios sociales) e especializados (saúde mental, servicio de protección de menores e xuzgados). 

 A nivel social

  • Proceder á detección e valoración sociofuncional dos alumnos/as con necesidades educativas especiais.

  • Colaboar na realización de adaptacións curriculares para os alumnos que o precisen

  • Colaborar nos proxectos educativos do centro, especialmente no referente ás condicións socioculturales do entorno e os aspectos sociais e familiares dos alumnos/as escolarizados.

  • Informar e orientar aos pais, nais e titores no ámbito das suas funciones.

  • Facilitar información á equipa docente en relación a aspectos sociais e familiares dos alumnos/as.

  • Realizar o estudo e valoración socio-familiar dos alumnos/as.

  • Apoiar ás familias Derivación e canalización axeitada, segundo a demanda e necesidades detectadas.

  • Informar sobre recursos sociais e derivación para a súa tramitación.

 A nivel clínico

  • Atender e resolver situacións individuais do alumnado.

  • Detectar desaxustes a nivel individual e familiar (problemas de relación no grupo e na familia, inadaptación ao centro, etc.)

  • Detectar problemática familiar.

  • Colaborar no desenvolvemento de programas formativos dirixidos ás familias, alentar a participación no grupo de pais.

  • Orientar en temas de evolución e desenvolvemento infantil, adolescente e xuvenil.

  • Orientar en pautas de actuación nas situacións problemáticas, individuais e grupais.

  • Axustar psicofármacos cando sexa oportuno.

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut