Skip to Content

Taboleiro de anuncios

Becas 2023-2024

Publicadas no BOE becas 2023-2024 para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo.

Prazo de solicitude do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023.

Día da paz

O pasado 31 de xaneiro celebramos no centro o día de paz.

Cada nivel decorou e escribiu mensaxes de paz nunhas pombas de papel, as cales atamos a globos y deixamos voar durante o acto.

Despois de soltar as nosas pombas de papel fumos a tomar un rico chocolate con churros.

 

Visita ao castelo de San Felipe

Os nosos nenos e nenas visitaron a exposición de Legos no Castelo de San Felipe que recreaba a Batalla de Brión.

Durante esta visita recorreron o Castelo investigando polos corredores e merendando cunhas preciosas vistas.

Pasárono xenial!

50 ANIVERSARIO CEE TERRA DE FERROL

 

O pasado 27 de Abril celebramos o primeiro acto conmemorativo do aniversario do Terra de Ferrol! Acompañados dunnha fermosa música, o profesorado e alumnado do noso centro asistimos á plantación dun fermoso olivo. Grazas a todos/as.

Distribuir contido


by Dr. Radut