Skip to Content

Decoración nadal

Aquí tedes os fermosos centros de mesa realizados polo noso alumnado de Xardinaría. Listos para o Nadal!

Voz Natura

Presentámosvos un vídeo do alumnado de Xardinaría. Pertence ao Proxecto Voz Natura! Nel podedes ver ao noso alumnado explicando dúas especies atopadas no noso centro (na finca e no invernadoiro). Coa lombriga de terra, ademais, elaboraron compost!

Agardamos que vos guste!

Bo nadal!

Dende o CEE Terra de Ferrol desexámosvos unhas felices festas e un bo nadal!

Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 3 de decemebro

O 3 de decembro celébrase o día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os eidos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

Lema 2021

"Liderado e participación das persoas con discapacidade na construción dun mundo postcovid inclusivo, accesíbel e sostible". 

Distribuir contido


by Dr. Radut