Skip to Content

As nosas cabazas

Aquí podedes ver as fermosas cabazas feitas polo noso alumnado que adornaron a entrada do noso cole! Ademais, aproveitamos para comer unhas ricas castañas e contar uns contos de medo! 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Durante o mes de novembro deste ano procederase á renovación dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar.

 (Resolución 20 de setembro de 2021). 

https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/35262

 

O Rato Roi

Recordade que a través da nosa páxina web podedes visitar o blog da nosa biblioteca, premendo en O blog da nosa biblioteca (á dereita da páxina) ou aquí.

Neste blog iranse subindo todas as actividades que facemos dende o Equipo de Biblioteca do noso cole, en colaboración con outros equipos. 

Animádevos a visitar O recuncho do Rato Roi!

 

Actuación musical

O pasado xoves 21 de Outubro tivemos no noso colexio a actuación musical Música a flor de pielorganizada por A Fundación. 

Os nosos alumnos/as o pasaron moi ben! Moitas grazas a Carlos Quintá por facernos disfrutar do baile e da música!

 

ECO - RETOS Voz Natura

Bo día a todos e todas!

Iniciamos no CEE Terra de Ferrol os ECO-RETOS de Voz Natura!

Para este mes de Outubro con: Acción 25 de Voz Natura RETO LIMPAMOS (recollida de plástico en espazos naturais). 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut