O lecer sen límites

Axúdasnos?

Queremos poñer o noso patio bonito axúdasnos a ganchillar?

CLASE DE PILATES

O pasado venres 24 de febreiro tivemos a sorte de poder desfrutar dunha clase de pilates. Isto foi posible grazas a un proxecto social organizado pola empresa Total Sport, coa colaboración do Concello de Begonte e coa Asociación APALU de Párkinson. 

Dende o centro queremos agradecer ó  Concello de Begonte a súa donación das esterillas para o cole.

Moitísimas grazas!

 

Non fai Falta a Voz

Hoxe, seguindo coa temàtica do amor, xa que o martes foi san Valentín, as aulas 1,3,4 e 5 fixeron un contacontos moi especial, "Non fai falta a voz", e disfrutaron de unha instalación moi moi moi amorosa!!

 

              

 

 

              

 

 

              

O noso galiñeiro

Temos boas novas!!!!

Temos un galiñeiro no cole grazas a uns amigos que son uns manitas, entre eles, a Escola Infantil Golfiños que dedicaron as súas horas a facelo e logo a montalo no noso cole. Nós estamos encantados porque ten ata o último detalle!

Ademais, xa temos as nosas galiñas: unha rubia común que se chama Maruxa, unha negra común que se chama Cinza e unha galiña andaluza que se chama Azucena.

Os nenos e nenas do cole están emocionadísimos con coidalas e tamén con apañar os ovos e facer algunha receita rica con eles. De feito, xa axudaron na organización do galiñeiro.

Irémosvos contando como evolucionan os novos membros do CEE Santa María.

 

Creando Espazos

Aquí vos deixamos unha mostra dos espazos que queremos crear no noso patio entre outras moitas ideas que nos rondan na mente, para que os momentos de lecer sexan máis dinámicos e inclusivos, oxalá deixe de ser unha utopía e podamos facelos realidade!!!

 

                        

O Noso Cole

Os alumnos e alumnas do CEE Santa María queren enseñarvos o noso cole, contanvos todo o que lles gusta e o ben que o pasan con nós. Por eses alumnos e alumnas puxemos este proxecto en marcha, para seguir compartindo soños, ilusións e bos momentos!, continuaremos traballando para que sigamos medrando xuntos!!

 

 

                         

LIMPAMOS O NOSO PATIO

Para poder disfrutar das horas de lecer no patio o primeiro è acondicinalo, hoxe fixemos unha actividade de limpieza para ter o noso patio impecable.

Con esta actividade fomentamos o coidado do medio ambiente e do noso entorno, xa que o patio è parte de nós, e non está sucio por qué nós non o coidemos, se non que a xente incìvica da rúa tira o lixo para dentro do noso  cole!!

Hoxe quedou limpiño para seguir disfrutando de èl grazas aos nosos rapaces organizados polo profe e alumnado do programa formativo de xardineria moitas gracias rapaces!!!

 

 

Proxectos sociais con Total Sport

Total Sport é unha empresa de ocio e tempo libre que contou conosco para poñer en práctica un proxecto social innovador e no que ten enconta a todas aquelas asociacións e centros que estamos a traballar con persoas con diversidade funcional. Estamos superorgullosos de participar en dito proxecto, e de que o noso centro educativo fose un dos escollidos para dar difusión a inclusión que promove dito proxecto. Grazas a Total Sport por contar coa nosa colaboración e por ofertarnos actividades que faran un pouco máis motivadora a nosa andaina. 

Hoxe acudimos a presentación do proxecto coordinado pola mestra do centro Vanesa. Os alumnos disfrutarán moito de este proxecto e das actividades que nos ofertan.

 

 

Día da marmota e Candeloria na biblio

Hoxe as aulas 1,3,4 e 5 fixeron Unha actividade conxunta ben fermosa para celebrar o día da Candeloria e o día da Marmota.

Primero contaron a historia da Marmota, con un conto adaptado pola profe Vane, tamén escoitaron atentos que dende a Candeloria os paxariños namoranse e xa nunca màis voan sos.

Despois disfrutaron dunha instalación de inverno con moitas actividades sensoriais...        

   

 

 

Tamèn estiveron esquiando!!!, E non se lles deu de todo mal....

 

 

E finalmente buscaron à Marmota que estaba escondida na súa madriguera e ao sair veu a súa Sombra e predixo que o Inverno durarà 6 semanas màis, e atoparon paxariños que emparellaron e xa non voan sós!!

 

 

 

Futbolín

Hoxe arrincamos a semana con unha gran sorpresa!, Xa temos futbolín!!!estamos moi ilusionados!!, e ademàis espectantes de ver qué mais sorpresas aparecen no patio próximamente!!