O lecer sen límites

Día da Familia

O próximo luns día 15 de Maio convidàmosvos a vir a celebrar con nós o día da Familia, e así seguir decorando e creando cousas bonitas no noso patio. Esperàmosvos para compartir unha tarde especial con nós, tecendo redes, merendando e convivindo todos xuntos nunha tarde xenial!!!

SISTEMA LUPO

Ao longo do mes pasado tivemos no cole as pezas do Sistema Lupo cedidas polo CFR de Lugo, encantounos xogar con elas ao longo de estes días, hoxe despedímonos de elas con moita creatividade, seguro que as voltaremos a traer para seguir creando e xogando!!, Encantounos!!!Grazas!!

    

DIA DA TERRA

O 22 de Abril foi o día da Terra as aulas 5 e 6 aproveitaron a semana pasada para ir a dar un paseo pola natureza cerca do cole, e facer diversas actividades, como unha búsqueda do tesouro, un contacontos e un día cheo de aventuras polo río Rato

 

Recursos na Sala de Xogos

Desde onte contamos con algún recurso màis na sala de xogos, un cubo e Unha bandexa sensoriais coas cales as nosas instalacións seràn màis divertidas!!!, Un novo recuncho sensorial que serà a delicia dos màis pequenos do cole 

 

                          

BIBLIOPATIO

Arrincamos a semana do Libro coa exitosa estrea da Nosa bibliopatio!!!, Mérida sacou a relucir hoxe os seus tentàculos polo patio do cole, coa nosa bibliopatio cargadiña de contos que fixeron as delicias de tod@s!!. Dende hoxe sairà cada día para que disfrutes dos contos no recreo!!

 

                                       

Pizarras Novas

O martes cando cheguemos ao cole teremos unha sorpresa!!!, Así locen as nosas novas pizarras no patio, seguro que nos axudarán a ter uns patios màis artísticos e entretidos!!

                   

Xogos de Mesa ou Mesas de Xogos?

Seguimos traballando para ter màis xogos no noso patio, hoxe estuvemos restaurando unhas mesas para crear xogos, xa temos o noso parchís!!verdade que nos quedou chulísimo?

 

Creando

Seguimos creando espazos no noso patio, estes días estuvemos traballando na Horta, colaborando co plan proxecta Mestres Gandeiros, e pintando un dos bancos do patio polo 8M, ainda està en proceso, cando rematemos enseñaremos o resultado final 

 

                               

                 

 

 

Os pitiños do cole

Boas novas!

Un amigo do cole axudounos a facer unha casiña moi moi bonita para os nosos pitiños do cole!

Temos 5 pitiños e dous deles xa teñen nome: Rosalía e Benigno. 

Irémosvos contando os nomes dos demáis pitiños e como van medrando! Ata o momento están guapísimos e moi coidadiños!

 

 

Horta do CEE Santa María

Boas!

Hoxe traemos unha noticia xenial! Por fin poñemos a punto a nosa horta escolar. Estivemos sachando a terra e plantando os alimentos esta semana co alumnado.

Polo momento plantamos espinacas, leitugas, fresas, berzas... xa vos iremos contando que máis seguimos plantando e como van evolucionando! Está quedando unha horta increíble!