O lecer sen límites

San Silvestre

 

A semana pasada fixemos a nosa San Silvestre en tres categorías!!!, noraboa aos corredores gañadores! 

Día da Discapacidade - Sensibilízate

Boas!

Como ben sabedes, hoxe é o Día da Discapacidade. Por este motivo, o venres fixemos unha xornada de sensibilización xunto co CEIP Illa Verde. 

Tíñamos 5 stands diferentes nos que en cada un deles o alumnado facía unha actividade para simular como nos sentimos con dificultades na audición, na visión, na motricidade, etc. Ademais, puidemos probar todos xuntos os diferentes recursos cos que contamos no cole e todos aqueles que nos prestaron as asociacións. Non vexades como desfrutaron!!

Tamén deixamos a nosa man marcada nun mural precioso no que TODOS/AS ESTAMOS INCLUÍDOS e, tivemos unha merenda moi rica con un chocolate ben quentiño.

Estamos deseando facer unha xuntanza de novo! Desfrutaron moito todos xuntos compartindo un momento tan bonito!

Gracias a todo o CEIP Illa Verde por virnos a facer unha visita, tedes as portas abertas cando queirades e, moitas gracias tamén, a todas as Asociacións que colaboraron con nós para desfrutar deste día.

Dani

Dani é hoxe o noso protagonista!!,foi nomeado axudante oficial de actividades STEM na biblio e fai moito máis amenos os recreos chuviosos dos seus compañeiros e compañeiras!!!así de entretidos estiveron hoxe!!!, gracias pola túa axuda Dani!!!

  

BANCO DOS AMIGOS

Finalizamos o curso co banco da amizade, para que ninguèn se sinta só nos recreos, e cando así seña se sente neste banco especial para ter compañía, en Setembro estrenarèmolo, ahora marchamos de vacacións!! Bo verán 

           

A mesa Lego

Outro dos novos xogos do patio, a nosa mesa de LEGO está sendo todo un éxito!!, Gústalles tanto a grandes como a pequenos!!!

 

 

Inauguramos o Rocódromo

Hoxe foi un día especial, fixemos a inauguración oficial do noso rocódromo!!!. Rocódromo que financiou a Fundación Paideia xunto outros recursos mais que vos enseñaremos en canto os instalemos!!

Para a inauguración estuvo con nós Parros, unha triatleta e escaladora moi especial que nos ensinou moitos trucos para ser uns perfectos escaladores e escaladoras!!pasàmolo en grande, e ata algunha profe se animou a probar!!

 

 

 

 

 

 

Día Internacional do Xogo

Hoxe è o día Internacional do Xogo e queremos amosarvos o ben que o pasamos cos novos xogos no noso patio.

              

              

Día da Familia Creando Redes

Onte 15 de marzo celebramos o día da familia, estivemos enredando creando redes nas àrbores do noso patio, comenzando a colocar as pezas de ganchillo que fixemos entre toda a comunidade educativa.

Disfrutàmos moito xuntos, e despois de tanto traballo repuxemos forzas cunha merenda moi doce.

Moitas Gracias a todas as Familias que vos achegachedes e contribuíchedes a que o noso patio cada día luzca màis colorido e fermoso 

          

          

          

          

          

Movéndonos

Onte pola tarde, xoves 11 de maio, algúns nenos e nenas do internado tiveron a sorte de poder desfrutar dunha actividade de ximnasia de mantemento en Cogami.

Isto foi gracias ao Proyecto Total Social, onde colaborarou tamén o clube de fútbol polvorín axudando aos asistentes. 

Aquí vos deixamos unha mostra do que se fixo. 

Pasamos unha tarde xenial!

Instalación da primavera

Boas!

Hoxe as aulas 1, 3, 4 e 5 fixemos unha instalación da primavera.

Foi toda unha experiencia sensorial que nos deixa coñecer un pouco máis sobre esta estación do ano.

Estrenamos o noso cubo con moitos lazos de cores chamativos como as cores da primavera, estrenamos tamén a nosa mesa sensorial que parecía un xardín con flores as cales ulían a rosas. Ademais, tamén tiñamos diferentes cubetas con material sensorial e tan colorido como é esta estación. 

Por outra banda, as luces que había daban unha tranquilidade... e ademais tiñamos uns son moi relaxantes. Tamén probamos a escoitar o son dos paus de chuvia, xa que nesta estación chove moitas veces aínda.

E, por último, probamos froitas propias desta estación como a papaya, o kiwi, as fresas... e que boas estaban!!!