Publicación dos lugares de realización da proba dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023-2024
Enviado por administrador a Mér, 05/06/2024 - 15:34Ensinanza:
Departamento:
Sección:
Ensinanza:
Departamento:
Sección:
Publicouse a RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2024/25.
O alumnado de novo acceso deberá facer a preinscrición, entre o 24 de xuño e o 5 de xullo, na seguinte ligazón: https://www.eoidigital.com/preinsxunta
A matrícula realizarase a través da ligazón https://www.informaticacentros.com/xunta, nos seguintes prazos:
Período de matrícula ordinaria: do 18 ao 28 de xuño, para o alumnado oficial do curso 2023/24 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2024/25 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.
Período de matrícula extraordinaria: do 28 de xuño ao 5 de xullo para o alumnado oficial coa cualificación de apta/o, non apta/o ou non presentada/o na convocatoria extraordinaria; do 9 ao 19 de xullo para o alumnado de nova incorporación que obtivo praza no sorteo da preinscrición.
Máis información: RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024
Tema:
Departamento:
Sección:
Publicouse a Instrución 3/2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional sobre a impartición de cursos de preparación das probas de certificación de inglés dos niveis intermedio B2 e avanzado C1 na modalidade de educación a distancia, mediante o programa That’s English! para o curso 2024/25.
Datas de realización e prazos de matrícula:
Máis información: Instrución 3/2024
Tema:
Ensinanza:
Departamento:
Colectivo:
Sección:
Ensinanza:
Departamento:
Sección:
Xúntanse as cualificacións provisionais das persoas inscritas na proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior no curso 2024/25.
Tema:
Departamento:
Colectivo:
Sección:
Xúntase a Instrución 2/2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional sobre a organización dos niveis Básico A2, Intermedio B1, Intermedio B2 e Avanzado C1 das ensinanzas de inglés de réxime especial na modalidade de educación a distancia, mediante o programa That’s English! para o curso 2024/25.
Prazos de matrícula:
- Do 28 de xuño ao 12 de xullo de 2024, para o alumnado matriculado nesta modalidade no curso 2023/24 que desexe continuar os seus estudos no curso 2024/25.
- Do 2 de setembro ao 31 de outubro de 2024, para o resto do alumnado.
Máis información: Instrución 2/2024
Tema:
Ensinanza:
Departamento:
Colectivo:
Sección:
Xúntase a Instrución 1/2024, da Secretaría Xeral de Universidades e da Axencia Galega de Innovación para iniciar o procedemento de avaliación final do rendemento do persoal investigador contratado ao abeiro das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral para ano 2022.
Tema:
Ensinanza:
Departamento:
Colectivo:
Sección:
Publicada a listaxe provisional de cualificacións da proba substitutiva do requisito de bacharelato para o acceso a ensinanzas artísticas superiores para o curso 2024/25.
Tema:
Ensinanza:
Departamento:
Sección:
Resolución do 23 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2024/25.
Ensinanza:
Departamento:
Colectivo:
Sección:
Apertura do prazo para que o persoal docente funcionario de carreira do corpo de mestres solicite o recoñecemento de novas especialidades de acordo co do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de mestres que desempeñen as súas funcións nas etapas de educación infantil e de educación primaria reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
O prazo permanecerá aberto nesta convocatoria desde o 1 de xuño ata o día 1 de xullo de 2024, ambos incluídos.
As solicitudes formularanse unicamente por medios electrónicos mediante o procedemento normalizado ED020A.
Ensinanza:
Departamento:
Colectivo:
Sección: