Preguntas frecuentes

  

1. Como podemos atopar institucións socias en Erasmus+? 

  • A través da European School Education Platform, da Comisión Europea.  

Na pestana Networking os centros educativos publican propostas de mobilidades Erasmus+, asociacións de cooperación, etc. As persoas que teñen rexistro na plataforma poden tamén engadir publicacións para buscar institucións socias. Ademais, esta plataforma é o fogar de eTwinning, a maior rede segura de profesorado en Europa: https://school-education.ec.europa.eu/e

  • Participando nunha TCA

Unha TCA é unha Actividade de Formación e Cooperación, nas súas siglas en inglés. As actividades que se ofertan diversas, entre as que destacan as visitas de estudo, os seminarios de contacto e os seminarios temáticos. Toda a información está recollida en: https://sepie.es/tca.html

2. O noso centro está rexistrado en Erasmus? Qué é o OID do centro?  

Que é o OID? Como podemos saber se o noso centro xa está rexistrado e ten OID?

O OID é un identificador. Ten o formato E seguido de oito díxitos. Pode consultar se o seu centro ten código OID (é dicir, se o seu centro está rexistrado) na seguinte páxina: (recomendamos sempre buscar só unha parte do nome do centro. Por exemplo, no CEIP Emilia Pardo Bazán, buscaremos só “pardo”): https://webgate.ec.europa.eu/erasmus-esc/index/organisations/search-for-an-organisation

Se o centro ten OID poden aparecer os seguintes estados: 

3. Como podemos rexistrar o noso centro en Erasmus? 
Se o centro educativo non ten OID (O OID é un identificador, co formato E seguido de oito díxitos, como se explica na pregunta 2) o Equipo Directivo ten que obtelo, seguindo estas instrucións: 
1. Accedemos ao Rexistro de Organizacións da Comisión Europea co EU Login do centro.
2. No menú da esquerda escollemos rexistrar o centro educativo como se indica:

3. Inserimos o resto dos datos, navegando polo menú central. Todas as pestanas teñen que ter a indicación cor verde que indica que está completa, para poder gardar o rexistro e obter o OID.
4. Para completar o rexistro, debemos acceder de novo e subir a documentación preceptiva: http://www.sepie.es/doc/convocatoria/2024/indicaciones_tecnicas_2024.pdf

4. Temos OID pero perdéronse os datos de acceso. Como podemos recuperalos?  

Se o centro ten OID, hai unha conta de correo asociada. Esa conta de correo dá acceso a ORS (o rexistro que contén todos os datos do centro para el programa Erasmus+) e outras aplicacións de Erasmus+. Se no seu centro ninguén lembra o enderezo de correo electrónico de acceso, hai que facer unha solicitude de cambio de administrador.

Estes son os pasos que deben seguir, sempre con coñecemento da persoa directora do centro:

  1. Escoller un enderezo electrónico para empregar a partir de agora. Aconsellamos que sexa institucional do centro, para que nunca se perda o acceso aínda que haxa cambio no Equipo Erasmus ou na dirección do centro. 
  2. Dar de alta ese enderezo electrónico en EU Login, en caso de que non o estea aínda.  
  3. Redactar unha solicitude asinada pola persoa directora do centro educativo solicitando o cambio del administrador en ORS. A solicitude ten que incluir os seguintes datos: 
    • Nome do centro educativo,
    • OID do centro educativo,
    • Enderezo postal e teléfono do centro,
    • Nome e apelidos da persoa directora do centro educativo,
    • Enderezo de correo electrónico do novo administrador (ver paso 1),
    • Nome e apelidos e email da persoa de contacto,
  4. Acceder á Sede Electrónica do SEPIE: http://www.sepie.es/aplicaciones-web/solicitud_generica.html
  5. Rexistrar a solicitude asinada.

5. Que é o EU Login? Como podo activalo? 

É o sistema de autenticación da Comisión Europea. Está vencellado a un enderezo de correo electrónico.EU Login

Pódese usar calquera enderezo de correo electrónico, tendo en conta que haberá que acceder á caixa de correo para resetear contrasinal e, ocasionalmente, para confirmar o acceso  Se o EU Login está vencellado a edu.xunta, nunca perderemos o acceso, xa que sempre poderemos acceder e recuperar o contrasinal (é importante recordar se puxemos edu.xunta.es ou .gal, porque para EU Login serán enderezos distintos!).

Cada docente pode ter un, ou máis EU Login. Porén, ter máis dun EU Login por persoa adoita crear confusións, e só debemos ter un EU Login por persoa usuaria.

No momento da creación do EU Login recomendamos cubrir co nome e apelidos completos, respectando o uso de maiúsculas e tildes diacríticas.

6. Estamos iniciándonos na solicitude de proxectos de mobilidade de curta duración (KA122). Onde podemos atopar documentos de apoio?  

KA122. CONVOCATORIA 2026: ligazóns ás publicacións do SEPIE. 

Este vídeo da pasada convocatoria pode ser de moita utilidade: 

CONVOCATORIA 2025 SCH e ADU: https://www.youtube.com/watch?v=38h67kdj3e0 

7. No noso centro temos un proxecto KA122. Onde hai información de apoio?  

Cada proxecto ríxese pola convocatoria do año no que se solicitou.  As presentacións e o vídeo das xornadas iniciais para os centros con proxectos KA122 están recollidas en:

CONVOCATORIA 2025: https://sepie.es/comunicacion/jornadas/index.html#24_25_septiembreha,24_25_septiembrehb 

CONVOCATORIA 2024: http://sepie.es/comunicacion/jornadas/2024-jornadas-sepie.html#3_4_octubrea,3_4_octubreb

Ademais, o SEPIE ofrece titoriais de Beneficiary Module (BM). Pódense atopar neste enlace: http://sepie.es/educacion-escolar/seguimiento-KA1.html

 

8. Que é a Acreditación Erasmus? Como podemos obtela?

A acreditación Erasmus é un recoñecemento da Comisión Europea para os centros educativos. Solicítase a través da acción clave KA1, co formulario KA120. Esta acreditación non é obrigatoria para os centros, pero presenta numerosas vantaxes na xestión dos proxectos KA1, como son garantir o acceso ás mobilidades e a simplificación das xestións deses proxectos KA1.

Como funciona a acreditación de centros con distintos niveis educativos? 
Cada sector dispón da súa propia acreditación. Se un centro conta con varios sectores, pode solicitar a acreditación en cada un deles por separado. Por exemplo, un centro que conte con tres niveis educativos, equivalentes a sectores (ensino secundario, EPA e Ciclo Formativo de Grao Medio), podería solicitar as acreditacións no sector escolar (KA120-SCH), sector de persoas adultas (KA120-ADU) e no sector de Formación Profesional (KA120-VET). 

Que validez ten unha acreditación? 
As acreditacións (KA120) forman parte do programa Erasmus+ 2021 – 2027. Se o seu centro conta cunha acreditación (KA120), esta será válida ata 2027. 

O noso centro non está acreditado: podemos solicitar un proxecto de mobilidade? 
Si. O feito de non estar acreditado nun sector non impide solicitar a participación en proxectos de mobilidade. 

Poden colaborar centros acreditados con centros non acreditados? 
Si. Un centro acreditado pode enviar os seus participantes a unha institución de acollida sen acreditar, e viceversa. Cada centro debe cumprimentar o formulario que lle corresponde: KA121 para centros acreditados, e KA122 para centros non acreditados. 

Para máis información, recomendamos ver o vídeo da xornada vitual do SEPIE para solicitudes de acreditación (convocatoria 2025)

http://sepie.es/comunicacion/jornadas/2025-jornadas-sepie.html#10_septiembre_sch_adua,10_septiembre_sch_adub

 

9. Como podemos seleccionar ás personas participantes nas mobilidades?  

O proceso de selección para as mobilidades Erasmus+ ten que ser xusto, transparente, equitativo e inclusivo. Na siguiente presentación do SEPIE hai suxestións para a xestión de dito proceso de selección: Organización das mobilidades nos proxectos acreditados KA121-SCH e KA121-ADU