Recoñecementos
A participación en programas europeos pode ser recoñecida como horas de formación do profesorado.
Para obter máis información sobre a solicitude diríxanse a Servizo de Programas de Formación: formacion.fprofe[@]edu.xunta.gal
Acceda á normativa do programa correspondente:
- Recoñecemento da participación no programa Erasmus+ 2021-2027
-
Erasmus+
SOLICITUDES DE RECOÑECEMENTOS
- Debe ser realizada polo centro educativo como organización.
- Inclúe a totalidade do profesorado participante por proxecto e curso.
DOCUMENTACIÓN
1. Folla do Beneficiary Module (BM)
- Recolle accións que xeneran gasto: mobilidades por formación, docencia, observación, etc.
- Recoñecementos con mobilidade → acompañados de certificado da organización de acollida
- Eliminar nesta folla as filas correspondentes a persoas non docentes (ex. Alumnado) ou a roles non recoñecibles segundo o Anexo I da Resolución do 9/12/2024
- Exportar a PDF e asinar dixitalmente
- Enviar o PDF asinado e o arquivo .ODS
2. Ferramenta para roles sen gasto que non figuran na BM
- Cubrir roles: coordinación, colaboración, titoría KA1 / KA2
- Introducir os datos por curso académico contemplando as datas dende o 01/09/202X a 30/06/202X.
- Haberá tantas liñas de desenvolvemento de rol como cursos académicos teña durado ou se soliciten (p.ex. un proxecto que vai do 2021 ao 2024 terá tres entradas de coordinación e tres de colaboración: curso 21/22, 22/23 e 23/24).
- Introducir manualmente usando menús despregables (Os contidos das celas iranse xenerando automáticamente dunhas a outras). Instrucións na primeira pestana da ferramenta.
- Exportar a PDF e asinar dixitalmente.
- Enviar o PDF asinado e o arquivo .ods.
- Enlace descarga ferramenta de roles
A achega de documentación será por vía electrónica mediante o procedemento PR004A dirixida ao Servizo de Programas de Formación da DX de Centros e Recursos Humanos.
3. Documentación adicional
-
Informe intermedio, memoria final ou similar que acredite o desenvolvemento do proxecto.
- Recoñecemento da participación no programa Erasmus+ 2014-2020
-
Erasmus+
Os proxectos desenvolvidos entre os anos 2014-2020 son susceptibles de ser recoñecidos en horas de formación, en función do tipo de proxecto e do rol desenvolvido pola persoa participante nel, se sodes centro socio ou centro coordinador do proxecto etc ao abeiro desta Resolución. Nos anexos I e II da resolución establécense as equivalencias.
A solicitude pode ser realizada de xeito individual pola persoa docente interesada, ou polo centro en nome de todas as persoas participantes no proxecto nese centro educativo. Deberá xuntarse un acta asinada pola dirección na que se recolla o número de convenio, anos de desenvolvemento, rol que desenvolveu cada persoa no proxecto e lugar de celebración. No caso de estares a falar dunha mobilidade por observación ou para facer un curso estruturado, será preciso, alén do anterior, o certificado emitido pola organización de acollida, no que figuren data de comezo e de fin, horas (no caso do curso estruturado) e lugar de celebración.
Nesta ligazón pódese descargar o modelo de acta.
É preciso cursar a solicitude por sede electrónica cun procedemento xenérico dirixido ao Servizo de Programas de Formación da D.X. de Centros e Recursos Humanos, para xerar constancia rexistral.
- eTwinning
- - A RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2024 contén un erro que foi corrixido no Dog de 22 de xaneiro de 2025. Xunto coa solicitude é imprescindible achegar o documento de acta de proxectos eTwinning.
- Os proxectos anteriores ao 09 de decembro de 2024 recoñeceranse ao abeiro da Resolución do 23 de agosto de 2016 e deberán xuntar un acta seguindo o modelo do anexo V da devandita resolución.