Certificación

O profesorado participante en proxectos Erasmus+ pode solicitar a certificación como horas de formación permanente do profesorado.

 

Acceda á normativa nesta ligazón.

 

As solicitudes deben dirixirse a: 

Servizo de Programas de Formación
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

spdf[@]edu.xunta.gal

Normativa

Resolución do 23 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e innovación educativa, pola que se regula o recoñecemento, a certificación e o rexistro da participación do profesorado en proxectos europeos como actividades de formación permanente do profesorado.