Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Directrices para o exercicio do teletraballo do profesorado galego

Directrices para o exercicio do teletraballo do profesorado galego [1]

Enviado por portalcafi a Mér, 18/03/2020 - 15:19
Servizos e recursos cos que pode contar o profesorado para o desenvolvemento da aprendizaxe a distancia
Gallego

Dende o CAFI poñemos a disposición do profesorado galego un documento  [2]que recolle algunhas pautas e recursos para o teletraballo do profesorado galego. Trátase dunha guía sinxela que responde ás seguintes preguntas: Como podo levar a cabo o ensino a distancia? De que ferramentas dispoño? E, por último, onde podo atopar axuda?

  • Como podo levar a cabo o ensino a distancia? En canto a este primeiro aspecto, proporciónanse unhas directrices básicas para a planificación e estrutura das xornadas do alumnado e as familias que pasan por tomar decisións a nivel de claustro, de ser posible, para non saturar ao alumnado e para non duplicar esforzos. Ademais, cómpre formular uns obxectivos claros, deseñar tarefas axeitadas e acompañar ao alumnado, dándolle feedback personalizado e establecendo estratexias para manter a súa motivación. No documento ofrécese tamén unha proposta de organización e estrutura dunha xornada na Rede.
     
  • De que ferramentas dispoño? As dúas seccións incluídas neste apartado ofrecen un abano de espazos virtuais así como ferramentas específicas para favorecer a comunicación entre os propios claustros e co alumnado, ademais de axudar a compartir ou crear materiais, fomentar a interacción e proporcionar retroalimentación. Alén das ferramentas institucionais, sinálanse outras aplicacións ou recursos libres ou gratuítos.
     
  • Onde podo atopar axuda? O persoal asesor faise dispoñible para proporcionar orientacións para o desenvolvemento da educación a distancia e resolver dúbidas sobre o emprego de ferramentas ou aplicacións. Pódese contactar co mesmo a través do enderezo electrónico cafi.educaciondixital@edu.xunta.gal [3]
Directrices para o exercicio do teletraballo do profesorado galego

File: 

PDF icon directrices_teletraballo.pdf [4]
CAFI [5]
CFR Ferrol [6]
CFR Lugo [7]
CFR Ourense [8]
CFR Pontevedra [9]
CFR Vigo [10]
Departamentos [11]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30573

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30573
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/directrices_teletraballo.pdf
[3] mailto:cafi.educaciondixital@edu.xunta.gal
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/directrices_teletraballo.pdf
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/723
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/725
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/728
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/729
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/727
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/726
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/902