Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Convócase a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014/2015

Convócase a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014/2015 [1]

Enviado por rhc a Mér, 30/04/2014 - 12:33
Resolución do 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014/15.
Gallego

Xúntase a Resolución do 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014/15 [2].

O proxecto Educación Dixital E-DIXGAL ten o obxectivo de fomentar a utilización do equipamneto das aulas Abalar poñendo á disposición dos centros unha contorna virtual de aprendizaxe con libros e outros materiais dixitais cos que poderá desenvolver a totalidade do currículo.

O prazo de presentación de solicitudes é de un mes a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Poden participar nesta convocatoria os centros adscritos á rede Abalar que impartan ensinanzas de 5º de Educación Primaria durante o curso 2014-2015. En anos sucesivos ampliarase os cursos e etapas de implantación deste proxecto.

Características:

  • Deberán empregarse materiais dixitais en todas as áreas.

  • Os centros manterán o programa un mínimo de 3 anos (dúas promocións).

  • Os materiais poderán utilzarse online e offline.

  • Debido á gratuidade do proxecto, o alumnado participante quedará excluído como beneficiario das axudas ou subvencións para adquisición de libros de texto convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • Os centros participantes contarán co asesoramento, asistencia técnica e seguemento da rede de formación Permatente do profesorado, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e os servizos de inspección educativa.

Documentación necesaria

  • Solicitude segundo o anexo da convocatoria.

  • Proxecto concretando a implantación no centro segundo o guión do punto cuarto da convocatoria.

  • Proposta dunha persoa responsable da coordinación do proxecto.

Máis información:

Correo electrónico asesoria.tic@edu.xunta.es [3]

Tl.: 981 546.514/ 981.546.513

EDUCACION DIXITAL
CAFI [4]
CFR Coruña [5]
CFR Ferrol [6]
CFR Vigo [7]
CFR Pontevedra [8]
CFR Lugo [9]
CFR Ourense [10]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/12331

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/12331
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/04/30/20140430_educacion_dixital.pdf
[3] mailto:asesoria.tic@edu.xunta.es
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/723
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/724
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/725
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/726
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/727
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/728
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/729