Concurso-oposición para o acceso ao corpo de PES, PT, CMUS para o ano 2010

Lun, 05/04/2010 - 09:05

Orde do 16 de marzo de 2010 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso  ao corpo de profesores de ensino secundario,  profesores de música e artes escénicas, e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos anteditos corpos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Solicitudes: a solicitude deberá efectuarse por internet a través da páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no servizo relacionado máis abaixo, e deberá imprimirse a instancia  que se presentará nalgún dos lugares previstos na convocatoria.

Prazo de solicitudes: vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

 Máis información: para calquera dúbida relacionada coa participación nesta convocatoria deberán poñerse en contacto coa UAC no teléfono 902 905 445 ou a través do correo electrónico uac@edu.xunta.es