Título Event node R
C1201043 Formación técnica nos elementos da aula Abalar en centros concertados
Curso destinado a coordinadores/as Abalar de centros concertados.
Asesora responsable: Celina Santamaría
Martes, 2 Xullo, 2013 - 10:55
Obxectivos
1.Dar a coñecer os elementos da aula Abalar.
2.Dar a coñecer os aspectos técnicos máis básicos da aula Abalar.
3.Capacitar ao profesorado na xestión diaria da aula Abalar.
Contidos
1.Elementos da aula Abalar básicos: os miniportátiles e o portátil do profesor.
2.Xestión do sistema operativo dos portátiles do profesor e miniportátiles: xestión de aplicacións, usuarios, actualizacións,
seguridade, rede, etc.
3.Recomendacións para a estruturación da rede Abalar e os seus recursos.
3.1.Xestionar usuarios (por equipo, controlador de dominio, etc.).
3.2.Xestionar os recursos da rede (carpeta compartida na aula Abalar, a través dun servidor de centro, recursos compartidos
básicos).
3.3.Xestión da rede Wifi.
4.Organización da aula Abalar.