Plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2013/2014

Mér, 19/06/2013 - 08:10

Xúntase a Resolución do 11 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2013-2014.

  • O prazo de preinscrición é ata o 30 de xuño.
  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de setembro.

Que son?

Plans específicos de formación permanente que, partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permitan deseñar accións formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.

Destinatarios

Centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Cada centro pode solicitar un único plan. Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán presentar un plan conxunto.

Características

  • Os plans estarán integrados por un ou dous itinerarios formativos, que atenderán a algunha das liñas de actuación propostas.
  • Cada itinerario formativo constará, como norma xeral, de dúas ou tres actividades formativas (curso, grupo de traballo, seminario).
  • As actividades deberán estar integradas e secuenciadas nun proceso que inclúa a análise e elaboración de propostas didácticas, así como a súa aplicación á aula ou ao centro, e a reflexión e avaliación dos resultados.
  • Os plans presentados terán unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.
  • Debe participar máis do 40% do Claustro. Cada profesor/a pode integrarse como mínimo nun dos itinerarios que forman o plan.

Liñas de traballo

  1. Programación, desenvolvemento e avaliación de competencias básicas, facendo especial fincapé no tratamento das linguas, tanto propias como estranxeiras.
  2. Integración didáctica das TICs, e no uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais.
  3. Mellora da xestión dos centros e dos procesos de calidade.
  4. Convivencia escolar e clima da aula
  5. Atención á diversidade e cambios metodolóxicos asociados.
  6. Accións encamiñadas a mellorar o desempeño profesional docente e á  actualización científica e didáctica do profesorado.
  7. Xestión directiva dos centros.

Máis información

Correos electrónicos: cafi@edu.xunta.es, cfr.coruna@edu.xunta.es, cfr.lugo@edu.xunta.es, cfr.ourense@edu.xunta.es, cfr.pontevedra@edu.xunta.es, cfr.ferrol@edu.xunta.es, cfr.vigo@edu.xunta.es

Menú Advertisement

Proxectos de Formación Permanente do Profesorado

Sen términos