Convócanse prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias no curso académico 2013/2014

Mar, 14/05/2013 - 14:30

Xúntase a Orde do 3 de maio de 2013 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2013/14.

  • O prazo de presentación das solicitudes será de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • Ademais, establécese un prazo extraordinario de presentación de solicitudes durante a primeira quincena do mes de setembro, para o suposto de ensinanzas autorizadas pola Administración educativa con posterioridade á publicación desta orde.
  • Así mesmo, poderá presentar solicitudes durante este prazo extraordinario o alumnado que realice ciclos formativos e, excepcionalmente no curso académico 2013/14, o de bacharelato.
  • Excepcionalmente e con respecto aos estudos universitarios, solicitarán praza só para o curso 2013/14, tendo en conta que o curso escolar durará o que se especifique no calendario escolar que esta consellería publicará no DOG no seu momento e que, en todo caso, os centros residenciais docentes pecharán as súas portas antes do 30 de xuño de 2014.

PDF icon Orde do 3 de maio de 2013: Convocatoria de prazas nos CRDs da Coruña, Ourense e Vigo (DOG)PDF icon Proposta de adxudicación provisional de prazas no CRD da CoruñaPDF icon Relación provisional de solicitantes excluídas/os no CRD da CoruñaPDF icon Proposta de adxudicación provisional de prazas no CRD de Ourense (homes)PDF icon Relación provisional de suplentes para cubrir vacantes no CRD de Ourense (homes)PDF icon Proposta de adxudicación provisional de prazas no CRD de Ourense (mulleres)PDF icon Relación provisional de suplentes para cubrir vacantes no CRD de Ourense (mulleres)PDF icon Relación provisional de solicitantes excluídas/os no CRD de OurensePDF icon Proposta de adxudicación provisional de prazas no CRD de Vigo (homes)PDF icon Relación provisional de suplentes para cubrir vacantes no CRD de Vigo (homes)PDF icon Proposta de adxudicación provisional de prazas no CRD de Vigo (mulleres)PDF icon Relación provisional de suplentes para cubrir vacantes no CRD de Vigo (mulleres))PDF icon Relación provisional de solicitantes excluídas/os no CRD de VigoPDF icon Adxudicación definitiva de prazas CRD da CoruñaPDF icon Adxudicación definitiva de prazas CRD de Ourense (homes)PDF icon Adxudicación definitiva de prazas CRD de Ourense (mulleres)PDF icon Relación definitiva de solicitantes excluídas/os CRD de OurensePDF icon Relación definitiva de suplentes CRD de Ourense (mulleres)PDF icon Adxudicación definitiva de prazas CRD de Vigo (homes)PDF icon Adxudicación definitiva de prazas CRD de Vigo (mulleres).PDF icon Relación definitiva de solicitantes excluídas/os CRD de VigoPDF icon Relación definitiva de suplentes CRD de Vigo (homes)PDF icon Relación definitiva de suplentes CRD de Vigo (mulleres)