Titulo Description node R
Grupos de traballo
Lun, 10/12/2012 - 11:06
Características xerais
- Ten por obxecto a elaboración ou a análise de proxectos e mateirais curriculares, así como a experimentación dos mesmos.
- Poden dedicarse a docencia un máximo do 20% das horas totais.
- O número de persoas que os integran está entre 3 e 10.
- Os integrantes poden pertencer a distintos centros educativos, pero a lo menos os dous terxos do total deben pertencer ao ámbito do CAFI ou CFR donde se presenta a solicitude.
- O coordinador ou coordinadora tamén debe pertencer ao ámbito do CAFI/CFR, e o seu centro será a sede do grupo de traballo.
- Durará un mínimo de 20 horas e un máximo de 50.
- O 20% do total das horas poderán computarse como tempo de traballo individual e a asignación do mesmo deberá constar nas actas das sesións de desenvolvemento.
- O orzamento non pode pasar dos 1000 euros
O prazo para facer a preinscrición de grupos de traballo rematará o día 11 de outubro. Os centros que a fagan teñen ata o día 31 de outubro para elaborar o proxecto e facer a solicitude de participación a través da aplicación Fprofe.