Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

O repositorio de contidos do espazoAbalar incrementouse en 26 novos recursos

Mar, 06/11/2012 - 12:09

O repositorio do espazoAbalar segue ampliando a súa oferta cunha selección de 26 novos contidos educativos en formato dixital, baseados en distintas tecnoloxías. Coa nova actualización, alcánzanse os 1.136 recursos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos en varios idiomas.