O Servizo de Formación de profesorado definiu a calidade como parte fundamental da súa política e da súa estratexia, e adoptou un sistema de xestión baseado na calidade como modelo de referencia para a xestión da Institución. Este sistema de aseguramento da calidade está baseado na Norma UNE-EN ISO 9001:2008.
Máis en concreto, dende a súa creación adoptou a calidade como unha filosofía de actuación que se identifica coas seguintes directrices:
- O traballo ben feito e a mellora continua das nosas actividades, dos servizos que prestamos e dos procesos de traballo.
- A aportación de valor aos profesores/as, ao persoal do centro, escoitando a súa voz e procurando satisfacer as súas expectativas.
- A adopción de metodoloxías de traballo baseadas na cultura da evidencia, a xestión a partir de datos e a disciplina do traballo en equipo.
- A xestión dos procesos orientada á mellora continua mediante a planificación, o desenvolvemento e a revisión e mellora dos mesmos.
- A mellora dos resultados definindo os indicadores e obxectivos, e avaliando o nivel de logro dos mesmos.
- Requisitos implícitos, explícitos, do cliente, regulamentarios e os propios da nosa organización.
Estas directrices despréganse a través dos seguintes procesos e proxectos:
- Mantemento dun sistema da calidade segundo UNE-EN ISO 9.001:2008.
- Medición e análise periódico da satisfacción de clientes.
- Revisión do sistema da calidade e actualización periódica de procesos.
- Auditorías internas e externas do sistema da calidade.
Así mesmo, despréganse nos Obxectivos de Calidade a través da formulación e o cumprimento dos mesmos. Os obxectivos da rede de formación permanente serán computables e medibles a través de indicadores; todos eles constitúen os obxectivos da calidade. O grao de cumprimento será avaliado periodicamente.
O compromiso coa calidade afecta a toda a organización. Todas as persoas da rede de formación aceptan este compromiso e a súa responsabilidade no cumprimento dos requisitos establecidos no Sistema de Xestión da Calidade, así como de participar activamente na mellora da calidade e da xestión, e no logro dos obxectivos institucionais.
POLÍTICA PEDAGÓXICA
O CAFI ten en conta as seguintes directrices:
- Detectar e recoller as necesidades de formación nos Centros do seu ámbito de actuación, e propoñer iniciativas e accións formativas que satisfagan esas necesidades ou demandas.
- Coordinar e xestionar as actividades formativas que integran o Plans Anuais de formación do profesorado aprobados pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional e conseguir un alto grado de satisfacción por parte dos alumnos/as.
- Promover accións formativas nos centros, encamiñadas a impulsa-la investigación educativa, preferentemente no campo da innovación e experimentación didácticas.
- Facilitarlles un servizo de documentación, elaboración e difusión de material didáctico e pedagóxico aos profesores e aos centros de ensino do seu ámbito territorial.
- Realizar actividades de intercambio, debate e difusión de experiencias educativas entre o profesorado.
- Impulsar e apoiar a participación do profesorado en Seminarios Permanentes, Grupos de Traballo e Proxectos de Formación en Centros ou calquera outra modalidade de formación.
- Contribuír á dinamización social e cultural das zonas educativas de especial dificultade do seu ámbito de influencia.
- Favorecer o coñecemento e utilización efectiva de materiais e recursos técnicos.
- Calquera outra que a Administración educativa lle encomende en relación cos obxectivos propios do centro.
- Considera a competencia técnica, que sería o coñecemento, o saber. A competencia nos métodos, que é a capacidade do saber facer. A competencia para participar, o saber estar. Finalmente, a competencia emocional, algo fundamental que ten relación co persoal, coa calidade persoal, que sería a personalidade, é dicir, o saber ser.