Orde do 14 de setembro de 2012 pola que se dá publicidade á relación de postos de traballo do profesorado de relixión.

Ven, 28/09/2012 - 08:30

Xúntase Orde do 14 de setembro de 2012 pola que se dá publicidade á relación de postos de traballo do profesorado de relixión.

Xúntase a relación de postos de relixión católica primaria e secundaria e a de relixión evanxélica

Pola Orde do 5 de novembro de 2010 (DOG do 15 de novembro) pola que se modifica a Orde do 7 de xullo de 2009, dáselle publicidade á relación de postos de traballo do profesorado de relixión dos centros de educación infantil, educación infantil e primaria, educación primaria, educación especial, centros públicos integrados e institutos de educación secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.