Plan Proxecta

Acceso á aplicación

 

Plan Proxecta (Curso 2018/19)

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Neste curso escolar ofrécense 43 programas educativos, que poden ser consultados na web de Proxecta (véx. Programas).

Prazo de solicitude: do 29 de setembro ao 19 de outubro de 2018 (os programas do CGAI pechan o prazo de solicitude o 5 de outubro).

http://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta

Solicitude: a través da aplicación de Plan Proxecta (https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/)

Máis información

Para informarse sobre a organización e a xestión do Plan Proxecta pode dirixirse a:

planproxecta@edu.xunta.es ou nos teléfonos 881 997 498 / 881 997 096