A Consellería de Cultura e Educación adxudica a restauración da Fonte da Porta Miña no interior da Muralla romana de Lugo
O orzamento para as obras da Fonte da Pinguela que durante tres meses realizan melloras de saneamento e iluminación terá un orzamento de máis de 65.000 euros
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de adxudicar a restauración da Fonte da Porta Miñá no interior da Muralla de Lugo a Restauracións e Construcións Luis J. Sanchez, S.A. cun orzamento de máis de 65.000 euros.
A obra que terá unha duración aproximada de tres meses terá como obxectivo a mellora no saneamento e iluminación da coñecida como Fonte da Pinguela. Así se realizará a instalación de novos cano, e billas en bronce. Ademais farase a instalación precisa para abastecer de auga á fonte, a o seu correspondente saneamento, así como a electricidade e iluminación.
Dentro das obras adxudicadas inclúese a limpeza e a reposición de pezas do pilón de acordo coas existentes, así como do pavimento, e o acceso. Todas estes traballos de conservación é reposición estarán sometidas a control arqueolóxico.
Deste xeito dáse a Xunta continúa a traballar no mantemento do patrimonio galego dando, neste caso, un paso máis para a restauración e conservación da fonte, de orixe medieval.