Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > A Consellería de Cultura e Educación adxudica a restauración da Fonte da Porta Miña no interior da Muralla romana de Lugo

A Consellería de Cultura e Educación adxudica a restauración da Fonte da Porta Miña no interior da Muralla romana de Lugo [1]

O orzamento para as obras da Fonte da Pinguela que durante tres meses realizan melloras de saneamento e iluminación terá un orzamento de máis de 65.000 euros

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de adxudicar a restauración da Fonte da Porta Miñá no interior da Muralla de Lugo a Restauracións e Construcións Luis J. Sanchez, S.A. cun orzamento de máis de 65.000 euros.

A obra que terá unha duración aproximada de tres meses terá como obxectivo a mellora no saneamento e iluminación da coñecida como Fonte da Pinguela. Así se realizará a instalación de novos cano, e billas en bronce. Ademais farase a instalación precisa para abastecer de auga á fonte, a o seu correspondente saneamento, así como a electricidade e iluminación.

Dentro das obras adxudicadas inclúese a limpeza e a reposición de pezas do pilón de acordo coas existentes, así como do pavimento, e o acceso. Todas estes traballos de conservación é reposición estarán sometidas a control arqueolóxico.

Deste xeito dáse a Xunta continúa a traballar no mantemento do patrimonio galego dando, neste caso, un paso máis para a restauración e conservación da fonte, de orixe medieval.

Cultura [2]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [3]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/4932

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/4932
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/661
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206