Resolución provisional de adxudicación e de persoas excluídas do concurso de traslados entre persoal funcionario docente non universitario (corpo de mestres)

Mar, 11/03/2025 - 09:30

Xúntase a Resolución do 10 de marzo de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpo de mestres (código de procedemento ED012A).

O persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional ou renuncia á participación obrigatoriamente por medios electrónicos mediante os trámites activados para estes efectos na Carpeta cidadá no prazo comprendido entre o día 12 de marzo ata o 25 de marzo de 2025, ambos incluídos.

  • Para formular RECLAMACIÓNS deberá proceder do seguinte xeito:

a) para reclamar ao baremo provisional

Nota: Cómpre revisar previamente as puntuacións outorgadas que se refliten na lapela de baremo da súa solicitude presentada no enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/cxt/

1.-Unha vez feita esta comprobación, acceder a www.edu.xunta.gal/cxt

2.-Na opción Participación do menú poderá ver a súa solicitude validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna Prazo reclamación resolución provisional e abrirase unha nova xanela.

3.-Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.

4.-Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".

5.- Na ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar e descargar o informe coa reclamación no buzón de informes.

6.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de reclamación, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) do ano 2024 e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións”.

7.-Cubra o formulario de “Alegacións” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Reclamacións xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.

8.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa reclamación premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a reclamación como o recibo de presentación desta.

 

b) para reclamar á exclusión provisional

Deberá reclamar accedendo directamente á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/), localizando o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) do ano 2024, premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións” de conformidade cos pasos descritos no punto anterior.

  • Para formular RENUNCIA deberá proceder do seguinte xeito:

1.-Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt

2.-Opción "Participación" do menú, na parte inferior da páxina está a opción de Renuncia ao concurso.

3.-Marcar o recadro Renuncia ao concurso no corpo de participación e premer no botón "Renunciar".

4.-Descargar o documento PDF que está ao lado do recadro que acaba de marcar.

5.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de renuncia, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) do ano 2024 e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Renuncia”.

6.-Cubra o formulario de “Renuncia” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Renuncia xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.

7.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.

 

PDF icon Orde do 21 de outubro de 2024 (DOG)

PDF icon Instrución nº10/2024

PDF icon Resolución do 11 de decembro de 2024 (composición da Comisión de Avaliación)

PDF icon Resolución do 11 de febreiro de 2025 (vacantes provisionais)

PDF icon Anexo I: Vacantes provisionais do corpo 555

PDF icon Anexo II: Vacantes provisionais do corpo 590

PDF icon Anexo III: Vacantes provisionais do corpo 592

PDF icon Anexo IV: Vacantes provisionais do corpo 593

PDF icon Anexo V: Vacantes provisionais do corpo 594

PDF icon Anexo VI: Vacantes provisionais do corpo 595

PDF icon Anexo VII: Vacantes provisionais do corpo 596

PDF icon Anexo VIII: Vacantes provisionais do corpo 597

PDF icon Anexo IX: Vacantes provisionais do corpo 598

PDF icon Resolución provisional secundaria e outros

PDF icon Relación provisional de persoas excluídas (Secundaria)

PDF icon Adxudicación provisional alfabético (ensinanzas secundaria, formación profesional, artísticas e idiomas)

PDF icon Adxudicación provisional por especialidade (ensinanzas secundaria, formación profesional, artísticas e idiomas)

PDF icon Adxudicación provisional funcionarios en prácticas (ensinanzas secundaria, formación profesional, artísticas e idiomas)

PDF icon Adxudicación provisional alfabético ( inspectores)

PDF icon Adxudicación provisional funcionarios en prácticas (inspectores)

PDF icon Resolución provisional (Primaria)

PDF icon Relación provisional de persoas excluídas (Primaria)

PDF icon Adxudicación provisional primaria

PDF icon Resolución do 9 de maio de 2025 (vacantes definitivas)

PDF icon Anexo I: Vacantes definitivas do corpo 555

PDF icon Anexo II: Vacantes definitivas do corpo 590

PDF icon Anexo III: Vacantes definitivas do corpo 592

PDF icon Anexo IV: Vacantes definitivas do corpo 593

PDF icon Anexo V: Vacantes definitivas do corpo 594

PDF icon Anexo VI: Vacantes definitivas do corpo 595

PDF icon Anexo VII: Vacantes definitivas do corpo 596

PDF icon Anexo VIII: Vacantes definitivas do corpo 597

PDF icon Anexo IX: Vacantes definitivas do corpo 598

PDF icon Resolución adxudicación definitiva Secundaria e outros

PDF icon Anexo I: Adxudicación destino definitivo persoal funcionario docente do corpo de Secundaria e outros

PDF icon Anexo II: Situación de expectativa de destino persoal funcionario do corpo de Secundaria e outros

PDF icon Anexo III: Relación definitiva de persoas excluídas do corpo de Secundaria e outros